Novas

Venres, 1 de maio de 2015

Os populares apostan por colaborar na organización de competicións deportivas de diferentes modalidades que sirvan como un reclamo para atraer visitantes a Monforte

O PP aplicará unha redución do 90% da taxa de uso de instalacións ás entidades deportivas federadas  

Julia Rodríguez anuncia que favorecerá o desenvolvemento de eventos deportivos a través dunha redución das taxas que abonan polo uso de espazos e zonas públicas

A candidata do PP, Julia Rodríguez, aplicará unha redución do 90% da taxa de uso de instalacións ás entidades deportivas federadas. En concreto, esta rebaixa beneficiará a todos os equipos que fan uso das instalacións da Pinguela e do campo Luis Bodegas.

O PP aposta ademais por potenciar a celebración en Monforte de cursos de adestradores nas distintas modalidades deportivas, así como por colaborar na organización doutro tipo de eventos deportivos que sirvan como reclamo para atraer visitantes a Monforte.

Os populares mantiveron un encontro recente cos responsables dos clubs deportivos da cidade aos que lle trasladaron a súa intención de promocionar todas as modalidades para lograr que Monforte teña representación tamén na elite deportiva.

Neste sentido, o PP traballará para poder celebrar na cidade probas e competicións novas, así como eventos deportivos destacados. "Non podemos permitir, como así nos trasladaron os clubs, que se volvan a perder eventos de relevancia por falta de colaboración do Concello", engade.

O PP anuncia ademais, que favorecerá o desenvolvemento de eventos deportivos a través dunha redución das taxas que abonan polo uso de espazos e zonas públicas sempre que conleven unha concentración dun número relevante de participantes e asistentes.

Novas

Redes Sociais