Novas

Mércores, 6 de maio de 2015

A portavoz popular censura que o BNG se negase no Pleno de onte a responder sobre as negociacións mantidas entre o Goberno local e a empresa Aqualia e sobre as obrigacións contraídas polo Concello coa concesionaria da piscina

O PP lamenta que os nacionalistas aspiren a gobernar Monforte sen antes dar explicacións sobre a súa nefasta xestión

Julia Rodríguez sostén que "perderon unha oportunidade para aclarar dúas dos problemas que máis están afectando á cidade e ás arcas públicas"

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, lamenta que os nacionalistas aspiren a gobernar Monforte sen antes dar explicacións sobre a súa nefasta xestión, tal e como os populares lle solicitaron no Pleno de onte a través de dúas preguntas. A popular censura que o BNG "non ofrecese información algunha" sobre os conceptos ou contías ás que podería ter dereito o Grupo Pazos no suposto de cesión ou resolución de contrato e que poderían estar dificultando o interese doutras empresas na cesión.

Tampouco os nacionalistas responderon sobre os conceptos e contías que lle correspondería asumir ao Concello no caso de resolución do contrato por parte da concesionaria.

"Creemos que se trata dunha información de sumo interese para abordar do futuro da piscina, polo que non entendemos a negativa do equipo de Goberno a responder, como se pediu onte e como xa se solicitou por vía oficial", explica Rodríguez.

O BNG tamén declinou dar explicacións sobre as negociacións que o rexedor mantivo no ano 2006 coa concesionaria Aqualia en relación cos investimentos previstos na cidade.

Julia Rodríguez sostén que coa "estratexia do avestruz, de meter a cabeza baixo terra, perderon unha oportunidade excelente para aclarar dúas dos problemas que máis están afectando á cidade e ás arcas públicas".

"Todos os monfortinos deben saber que non só tratan de finiquitar a comisión informativa de Aqualia para non dar a cara sobre a súa nefasta xestión, senón que se negan a responder sobre a súa acción de Goberno. Quen non ten argumentos para iso de pouco vale que firme contratos. A súa palabra non vale nada e os seus contratos son papel mollado", conclúe.

Novas

Redes Sociais