Novas

Sábado, 9 de maio de 2015

Os populares seguen coa súa campaña de 'Encontros coa candidatura do PP'

Julia Rodríguez anuncia bonificacións e axudas para os comerciantes que actualicen e rehabiliten os seus locais

A popular considera "imprescindible apostar polo aforro enerxético e a mellora das instalacións, tanto de iluminación, como as necesarias para o desenvolvemento do labor comercial e as relacionadas coa comunicación"

A candidata do PP, Julia Rodríguez, anuncia que, si goberna, establecerá bonificacións e axudas para os comerciantes que actualicen e rehabiliten os seus locais.

Julia Rodríguez avanza que serán subvencionables as obras nos elementos con fronte a vía ou espazo público: paramentos exteriores, carpintería e acristalamento exterior, iluminación de escaparates, marquesiñas, letreiros e elementos anunciadores, así como eliminación de barreiras arquitectónicas en xeral, coas vías públicas e interiores.

A popular considera "imprescindible apostar polo aforro enerxético e a mellora das instalacións, tanto de iluminación, como as necesarias para o desenvolvemento do labor comercial e as relacionadas coa comunicación". Ademais, para que os comercios atraian clientela é fundamental que atopen unha temperatura agradable, polo que se considerará tamén a mellora das instalacións de climatización, que inflúen en gran medida no consumo enerxético do local comercial. Dentro desta liña de medidas de apoio directo ao comercio, os populares tamén habilitarán axudas deseñadas especificamente a estes fins.

Estas subvencións terán especial incidencia naqueles locais comerciais declarados edificios singulares ou históricos, ao estimar que favorecerán o seu adecentamento e contribuirán a mellorar a imaxe xeral da cidade.

Axudas directas e bonificacións a través do IBI

As subvencións poderán consistir en axudas directas ou en bonificacións. "Dependendo da entidade da obra a levar a cabo, favoreceremos a bonificación do IBI no ano seguinte á execución da obra de modernización. Promoveremos a bonificación das licenzas de obra naquelas obras de avance e adecentamento que afecten aos comercios instalados no recinto histórico", precisa a candidata.

Ata 2.000 euros por concorrencia competitiva

A medio prazo, establecernos liñas de axuda anuais que, por concorrencia competitiva, permitan achegar financiamento aos comerciantes para favorecer a imaxe exterior e o balance enerxético dos comercios. Así, os comercios dispoñerán de axudas directas de ata 2.000 euros, compatibles coas outras bonificacións, naqueles casos nos que as obras nos locais superen os 12.000 euros e de acordo a uns criterios de avaliación que dean como resultado unha puntuación clara, transparente e facilmente comprobable.

Novas

Redes Sociais