Novas

Martes, 12 de maio de 2015

A candidata do PP á alcaldía propón recuperar este espazo, abandonado polo BNG, para competicións deportivas e como lugar de lecer e recreo

Julia Rodríguez compromete a rehabilitación dos espazos abandonados na zona verde de As Lamas

A popular considera que a área debe ser habilitada para a práctica de diferentes deportes de herba, así como para probas de motocross ou hípica, entre outros

A candidata do PP, Julia Rodríguez, anuncia que, se goberna, buscará o apoio doutras administracións para, en colaboración co Concello, crear un área multideportiva no espazo verde das Lamas. "Moitos monfortinos xa non o recordan pero nese espazo había competicións de campo a través, campo de tiro e ata se mantén un aeródromo, un terreo con múltiples posibilidades que o BNG desatendeu por completo".

Os populares defenden a recuperación da área recreativa de As Lamas como un complexo deportivo multifuncional no que poidan practicarse diferentes deportes de herba, así como retomar as competicións de campo a través ou outras probas deportivas relacionadas co motor (motos, quad, booguies ou bicicross), modalidades deportivas que cada vez suman máis seguidores.

Julia Rodríguez comprométese ademais a traballar para crear nas Lamas un Centro de Voo de Ultralixeiros e unha pista permanente de campo a través homologada para competicións internacionais, así como por posibilitar a práctica de competicións hípicas "que sirvan como reclamo para a cidade" e logo de recibir queixas dos organizadores deste tipo de eventos da falta de apoio por parte do BNG.

Dependendo da aceptación e da demanda, o PP de Monforte compromete o apoio aos picadeiros da cidade para facilitar o uso desta pista para a exhibición das diferentes doutrinas do deporte da hípica. Favoreceremos a realización en Monforte de espectáculos de doma clásica e outros eventos relacionados cos cabalos", engade.

Mellora dos accesos

"A actuación que propón o PP completarase cunha mellora dos accesos ás instalacións, en absoluto estado de abandono", conclúe.

Novas

Redes Sociais