Novas

Venres, 15 de maio de 2015

A candidata do PP á alcaldía considera que se trata de actuacións urxentes que o seu goberno acometerá con inmediatez

Julia Rodríguez compromete a recuperación e limpeza da muralla e a ponte vella e o acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes

A popular precisa que estas actuacións contribuirán a dar unha nova imaxe da cidade e do seu patrimonio

A candidata do PP á alcaldía, Julia Rodríguez, compromete a actuación inmediata do seu goberno para acondicionar a lagoa do Parque dos Condes, limpar e recuperar a ponte vella e rehabilitar a muralla da cidade.

Ponte

En concreto, a popular anuncia o traballo en común con Patrimonio para, dun lado, limpar a maleza que cobre a ponte vella, e, doutro, recuperar o seu bo estado estudando as necesidades que presentan os seus sillares. Os populares traballarán para eliminar a maleza que crece entre os seus sillares para devolverlle o aspecto de limpeza e o mínimo mantemento que corresponde a monumentos desta natureza requirindo para iso á empresa FFC o cumprimento do contrato que a obriga a sanear e eliminar as especies vexetais invasoras, tamén no caso da muralla.

Lagoa

No caso da lagoa, a candidata do PP considera "urxente" a súa limpeza, sobre todo en época estival. A candidata cre que o acumulo de lodos e materia orgánica debe ser periodicamente retirada para evitar problemas de malos cheiros ou a mortandade dos peixes.

O Goberno local encargarase de baleirar e limpar a lagoa do Parque dous Condes e que, unha vez chea, procederase á posta en funcionamento da fonte que hai no seu interior.

Muralla

En terceiro lugar, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adquiriu o compromiso na súa última visita a Monforte da recuperación a cargo do Goberno galego da muralla medieval da cidade.

O PP considera que non é tarde para conseguir recuperar a traza completa da Muralla. A primeira actuación e máis importante para alcanzar a recuperación integral da muralla será a redacción dun proxecto para a súa rehabilitación, o seu recinto interior e a contorna da súa perímetro exterior, garantido a homoxeneidade nas actuacións que se leven a cabo independentemente da cor política de quen goberne. Este estudo debería contar coa participación de arqueólogos, historiadores e técnicos que permitan non só afondar nunha rehabilitación e reconstrución física da muralla, senón tamén que nos permita profundar na historia mesma de Monforte, tan pouco difundida.

Deste estudo e proxecto da muralla deberán resultar as fases seguintes a levar a cabo. Desde o PP entendemos, explicou a candidata, que a seguinte acción a poñer en valor, debe ser a posta en valor dun carreiro que bordee toda a traza polo exterior da Muralla, actuando para iso de xeito integral cunha acción de roce, limpeza e consolidación.

Nunha acción posterior, dividindo a acción en fases de actuación, faise imprescindible reconstruír aquelas partes da muralla máis deterioradas para favorecer, como fin último, que se poida completar o percorrido polo adarve da muralla monfortina.

Novas

Redes Sociais