Novas

Sábado, 16 de maio de 2015

A candidata do PP aposta por promover o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo na contorna urbana

Julia Rodríguez compromete un carril bici de Villanueva a Ribasaltas

A popular realizou un paseo acompañada de parte da súa candidatura, entre eles, Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria

A candidata do PP á alcaldía, Julia Rodríguez, comprometeu hoxe que, de chegar ao goberno municipal, habilitará un carril para bicicletas que, de xeito inmediato, transcorrerá entre Villanueva e Ribasaltas e posteriormente será ampliado con rutas por outras zonas. A alcaldable e outros membros da súa candidatura, entre eles Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria, realizaron un paseo en bicicleta desde a Rúa Santa Clara ata o Cardenal para reivindicar e promover o seu uso como medio de transporte alternativo na contorna urbana.

A popular considera necesario ademais sinalizar e crear unha oferta variada de rutas cicloturistas, a través da instalación de puntos de recolleita de bicicletas tanto para os visitantes como para os cidadáns de Monforte.

"O clima de Monforte é propicio para fomentar e favorecer o uso da biclicleta non só para os turistas que nos visitan, senón tamén para os propios monfortinos que se moven pola cidade", explica a popular.

Ademais de promover os desprazamentos en bicicleta, como medio de transporte alternativo, o PP compromete a instalación de estacionamentos para bicis na contorna urbana, sobre todo no centro e nas rúas peonís.

"En numerosas ocasións que vou en bicicleta ata o meu despacho tivne que buscar onde deixala porque non existe un só espazo habilitado", explica a candidata.

Novas

Redes Sociais