Novas

Sábado, 11 de xullo de 2015

A portavoz do PP interesouse por esta actuación en varias ocasións, tanto de xeito directo como a través do Pleno da Corporación. A AEAT levará a cabo as obras este mesmo verán

Julia Rodríguez agradece ao Goberno a eliminación das barreiras arquitectónicas no edificio da Axencia Estatal de Administración Tributaria

Os populares explican que se trata dun edificio “no que era moi necesario” acometer estas obras para facilitar o acceso a todas as persoas con dificultades de mobilidade

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, agradece ao Goberno de España que atenda as súas demandas e este mesmo verán vaia a proceder a eliminar as barreiras arquitectónicas no edificio da Axencia Estatal de Administración Tributaria, situado na Rúa Veiguiña s/n.

Estas obras serán posibles despois de que o organismo público consiga a pertinente licenza municipal na Xunta de Goberno do pasado 29 de xuño.

Os populares interesáronse por esta intervención en varias ocasións, polo que Julia Rodríguez traslada a súa satisfacción porque o Estado atenda a súa petición. “Trátase dun edificio no que era moi necesario acometer estas obras para facilitar o acceso a todas as persoas con dificultades de mobilidade”, explica.

As barreiras existentes neste edificio público afectan a numerosas persoas, non só da cidade do Cabe, senón tamén aos veciños e veciñas da Comarca que fan os seus trámites nestas oficinas. Trátase dunha vella demanda que o PP xa trasladara ao Pleno municipal en diferentes ocasións e que agora se vai a atender.

A portavoz do PP anuncia que o seu grupo municipal seguirá traballando para que este tipo de barreiras se eliminen e poder conseguir unha cidade máis accesible para todos.



Novas

Redes Sociais