Novas

Sábado, 18 de xullo de 2015

O Grupo Municipal Popular presenta as conclusións sobre a comisión informativa que PSOE e BNG decidiron paralizar antes das eleccións “para ocultar a gran mentira dun equipo de goberno que deixa unha herdanza envelenada a todos os monfortinos”

O PP cuantifica os danos, prexuízos e beneficios deixados de percibir polos incumprimentos de Aqualia en máis de 15 millóns de euros

Os populares defenden que o proceso de contratación de axustou á máis estrita legalidade

O Grupo Municipal do PP de Monforte fai públicas as conclusións que tiran da comisión informativa que investigou o contrato de Aqualia e a súa xestión por parte de socialistas e nacionalistas. Os populares lamentan que o anterior Goberno local non aporte á comisión o informe de prexuízos económicos ocasionados ao Concello solicitado polo PP, aínda que estiman que o cálculo polos incumprimentos da concesionaria e a irresponsable actuación do anterior equipo de goberno podería cuantificarse -entre danos, prexuízos e beneficios deixados de percibir- en máis de 15 millóns de euros.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, precisa que a xestión do contrato, que é bo nos seus termos, “converteuse na gran mentira dun equipo de goberno que conseguira a alcaldía enarbolando os incumprimentos da concesionaria e que, como consecuencia da súa xestión, deixa unha herdanza envelenada a todos os monfortinos e danos e perdas irreparables”.

Os 15 millóns que cifra o PP proceden dos investimentos deixados de realizar pola concesionaria (2'4 millóns de euros), os beneficios derivados das mesmas deixados de percibir (parque acuático de Cerceda, por comparación xerou nos últimos 10 anos 6 millóns de euros de ingresos, 150.000 visitantes e 50 postos de traballo cada verán), a perda do canon de explotación de varios anos (150.000 euros), reclamacións de desequilibrio económico por importe de 4'5 millóns de euros, as consecuencias económicas da falta de localización e eliminación de fugas (a antiga potabilizadora trataba a diario 11.000 metros cúbicos de auga cando a poboación só requiría 5.000 metros cúbicos diarios, perdéndose a diferenza na rede, co que isto representou en consumo eléctrico e agotamento da instalación), as sancións por vertidos derivados da rede de saneamento ou as súas instalacións superaron os 300.000 euros desde 2009, así como as consecuencias do importante grado de deterioro que presenta a rede por non facer investimentos na mesma, durante estes anos.

Conclusións xerais:

- Trala análise de toda a información que obra na comisión informativa, o PP considera que o proceso de contratación axustouse á máis estrita legalidade.

- O contrato era moi favorable para o Concello se o cumpriran con arranxo ao comprometido. Foi o incumprimento do contrato por parte da concesionaria e a falta de esixencia de cumprimento por parte do Concello, o que ocasionou e ocasiona as deficiencias do servizo que padecemos e non as características do contrato, moi favorable para o Concello, de aí a duración establecida.

- A empresa incumpriu o contrato e o Concello desatendeu as súas obrigacións. A empresa non cumpre coa realización dos investimentos no prazo establecido. Ata finais de 2013, tras reiteradas denuncias do PP, non se incoa expediente sancionador nin de resolución algún, nin se dirixen requirimentos á concesionaria, malia as importantes deficiencias no servizo e a sucesión de incidencias e incumprimentos en que incorre a concesionaria ao longo dos anos. Tampouco lla require para que realice os investimentos a que vén obrigada.

- Desaparece a oferta da concesionaria de xeito incomprensible e inxustificada. O contrato asínase nas novas dependencias do Concello, e existe constancia de teli utilizado alí de modo reiterado. O volume da oferta desaparecida e a súa perfecta e visible identificación exterior, impiden considerar que se houbese traspapelado accidentalmente.

- Os prexuízos derivados da desaparición son moi importantes. A) Perda de tres procedementos xudiciais de reclamación do canon de explotación, cos correspondentes gastos xudiciais: máis de 150.000 euros. B) Falta de alegación de incumprimentos da concesionaria en reclamación xudicial por desequilibrio económico, por importe de 1.500.000 euros pendente de resolución. C) Condena por 336.000 euros. Falta de esixencia de cumprimento das obrigacións que contiña a oferta por parte do Concello á concesionaria.

- O BNG actuou con falta de dilixencia na defensa dos intereses do Concello no expediente de desequilibrio económico. Consta acreditado que o Concello, fronte a unha demanda de 1'5 M euros non actuou dilixentemente, non só por non reclamar á concesionaria as súas incumprimentos, -o que permitiría compensar posibles desequilibrios-, senón que, ao non colaborar co perito xudicial, provocou unha condena por importe de 336.000 euros, pendente actualmente de resolución de apelación, que pode chegar a 1'5 millóns de euros. No marco da comisión tívose coñecemento de que recentemente a concesionaria formulou reclamación por desequilibrio económico por importe de 3 millóns de euros.

- O BNG incumpriu a súa obrigación de actualizar as tarifas entre 2003 e 2010 o que provocou un desequilibrio obxecto de reclamación por parte da concesionaria.

- O alcalde negociou con Aqualia a substitución dos investimentos comprometidos por obras na rede, sen que realizase nin unhas nin outras. Existe un documento asinado Severino Rodríguez, de data 20.2.2006, no que recoñece como investimentos determinados actuacións levadas a cabo pola concesionaria e propón substituír os investimentos comprometidos por actuacións na rede que tampouco se levaron a cabo.

- O Concello non realizou melloras na rede, malia ter constancia de ingreso do canon inicial e de que o seu destino era investir no servizo de abastecemento e saneamento.

- O BNG nunca requiriu á concesionaria a achega da oferta supostamente perdida.

- A concesionaria incumpriu de modo reiterado as súas obrigacións en canto a investimentos comprometidos e á adecuada prestación do servizo coa connivencia do Concello.

- O BNG favoreceu que a concesionaria, malia os seus incumprimentos, se vise favorecida economicamente. A falta de aprobación de tarifas de traballos de acometidas, permitiu á concesionaria cobrar arbitrariamente por estes traballos. A falta de actualización de tarifas, deu lugar a unha condena xudicial por desequilibrio económico por importe de 336.000 euros que pode elevarse a 1'5 millóns de euros e outra reclamación formulada por importe de 3 millóns de euros, ademais dos custos derivados das actuacións xudiciais correspondentes.



Novas

Redes Sociais