Novas

Mércores, 16 de setembro de 2015

Os populares porán a disposición de militantes, simpatizantes e “de todos os monfortinos e monfortinas” a información que se deriva das xuntas de Goberno, así como as mocións que leven a Pleno

O Grupo Municipal do PP abre a súa sé de luns a xoves para atender as demandas e suxestións dos cidadáns

Julia Rodríguez agradece as achegas que os veciños e veciñas poidan compartir de face a facer un labor de oposición “seria, rigorosa e pegada á cidadanía”

O Grupo Municipal do PP de Monforte inicia o curso político coa apertura da súa sede, na Rúa Hortas 42 entrechan, de luns a xoves a partir das oito da tarde. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP, con Julia Rodríguez á cabeza, serán os encargados de recibir a aqueles militantes, simpatizantes, monfortinos e monfortinas que decidan trasladar as súas demandas e suxestións. Así o decidiu a Executiva do partido na súa última reunión, celebrada esta mesma semana.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, agradece as achegas que os veciños e veciñas poidan compartir de cara a facer un labor de oposición “seria, rigorosa e pegada á cidadanía”. “Queremos que nos trasladen as súas inquietudes, as súas reivindicacións e que as nosas propostas como oposición vaian da man das súas preocupacións como cidadáns de Monforte”, precisa.

Os populares aproveitarán estes encontros cos veciños e veciñas para poñer á súa disposición as xuntas de Goberno que se celebran no Concello, así como o contido das mocións que leven a Pleno.

O PP mantén ademais diferentes canles de comunicación cos monfortinos a través das redes sociais Facebook e Twitter e do novo correo electrónico monfortegmpp@gmail.com, a través do que poden trasladar e consultar aquilo que consideren. Así mesmo, a información que xera o Grupo Municipal pode consultarse de xeito permanente na web www.ppdemonforte.com

Novas

Redes Sociais