Novas

Martes, 20 de outubro de 2015

Os populares trasladan esta petición ao Concello tralo accidente ocorrido onte no que faleceron dúas persoas

O PP demanda ao Goberno local que reforce a iluminación na cidade, sobre todo naqueles lugares nos que se detecten carencias específicas

Julia Rodríguez recorda que Monforte atópase, segundo un estudo comunitario, entre as cidades peor iluminadas de Galicia

O Grupo Municipal do PP de Monforte demanda ao Goberno local que reforce a iluminación na cidade, sobre todo naqueles lugares nos que se detecten carencias específicas. Os populares trasladan esta petición ao Concello tralo accidente ocorrido onte na Rúa Chantada no que dúas persoas faleceron ao ser atropeladas.

Os populares recordan que a iluminación do vial é unha competencia municipal, polo que piden ao Concello que mellore a visibilidade naquelas rúas nas que a luz non sexa a adecuada para colaborar na prevención de accidentes como o ocorrido onte pola tarde.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, recorda que, como o seu grupo xa expuxo anteriormente, tamén na xestión do alumado público é necesario investir a tendencia destes últimos anos, e con urxencia. O PP propuxo no seu programa electoral un plan de renovación para mellorar a calidade deste servizo sen que se incrementen os custos.

Os datos que manexa o PP poñen de relevo que nin o gasto por habitante en alumado nin os índices relativos á eficiencia dos puntos de luz alcanzan a media galega. “A falta de mantemento e unha inadecuada política de renovación do alumado público durante estes anos, deu como resultado que Monforte sexa unha das cidades peor iluminadas de Galicia, tal e como constante un estudo”, precisa.

“En Monforte seguimos tendo fontes de luz obsoletas que xeran maior gasto de consumo e mantemento e apenas dan luz”, polo que creemos que se debe intervir no alumado de xeito prioritaria, argumenta Julia Rodríguez.

Novas

Redes Sociais