Novas

Sábado, 24 de outubro de 2015

O Grupo Municipal do PP precisa que en 2016 non existe obriga de manter o tipo impositivo do 0,605% dos dous últimos anos

O PP esíxelle ao Goberno local que aplique unha rebaixa do IBI e o sitúe no 0,55%

Julia Rodríguez sostén que a taxa actual estableceuse ata 2015 como unha medida temporal e excepcional

O Grupo Municipal do PP de Monforte esixirá no Pleno ordinario do próximo luns que o Goberno local aplique unha rebaixa no IBI e o sitúe de novo no 0,55%, posto que en 2016 non existe obrigación de manter o tipo impositivo do 0,605% dos dous últimos anos.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que a proposta de Alcaldía en relación ás ordenanzas e particularmente a do IBI Urbano 2016, pretende manter o IBI no 0,605% -tras establecelo así ata 2015 como unha medida temporal e excepcional-, o que representa unha diferenza de 312.000 euros que terán que saír dos petos de todos os monfortinos.

A portavoz censura que o alcalde, “que se cansou de criticar a prórroga do tipo do 0'6% do IBI como unha imposición do goberno central, agora que ten oportunidade de restituílo ao tipo anterior, trate de mantelo”.

“Creemos que o Goberno local antes de tomar esta decisión de manter este tipo impositivo pode controlar o gasto, así como considerar os valores e a conveniencia de revisalos”, engade. “O alcalde ten agora a oportunidade de cumprir o acordado no plan de axuste, polo que non se entendería que non rebaixase a taxa e o PP así llo demandará”, explica a portavoz.

Melloras que alcanzou o PP



Os populares recordan que o anterior equipo de goberno aprobou un plan de axuste, con subida de numerosas taxas, así como do tipo impositivo do IBI, que, aínda que para os exercicios 2012 e 2013 situábase en coeficientes 0,5 e 0,6 respectivamente, propoñían estender durante 10 anos máis. Finalmente, a petición do Grupo Municipal do PP, estableceuse unha cláusula de compromiso de volvelo á situación anterior en canto o estado económico do Concello o permitise.

No Consello de Ministros do 28 de xuño de 2013 aprobouse o Proxecto de Lei polo que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidade medioambiental e adóptanse outras medidas tributarias e financeiras. Na norma contemplábase, entre outras, a prórroga da medida adoptada polo R-D 20/2011, en canto ao incremento dos tipos de gravame do IBI con efectos para os anos 2014 e 2015, aínda que naqueles municipios con relatorios de valores catastrais aprobadas desde 2002 os incrementos serían inferiores, e os que as tivesen aprobadas con anterioridade a 2002 como o caso de Monforte, podían actualizar os seus valores catastrais, co cal non aplicar a prórroga anterior.

O grupo municipal do PP, naquel momento, solicitou que se fixesen as xestións necesarias para valorar a vantaxe para os veciños de actualizar valores e evitar así a prórroga do incremento do tipo do IBI, e ata presentou unha emenda nese sentido que non foi aceptada. O anterior equipo de goberno non atendeu a invitación do Catastro de contemplar a posibilidade de actualizar os valores catastrais, que evitaría o incremento dos tipos de gravame do IBI nos exercicios 2014 e 2015, co cal o tipo do IBI mantívose no 0,6 %.

Como consecuencia da perda de vixencia do plan de axuste, o GMPP solicitou que, sen prexuízo dos servizos, se revisaran á baixa as taxas e prezos que se viron incrementados con motivo da aprobación do plan, unha proposta que foi rexeitada.

Novas

Redes Sociais