Novas

Martes, 16 de febreiro de 2016

Os populares demandarán que o Goberno local acometa as actuacións que permitan a construción da depuradora que suscita a Xunta

O Grupo Municipal do PP acusa ao alcalde de 'irresponsable' ao negarse a acometer as obras necesarias no Porto Seco

Julia Rodríguez sostén que 'só coa subida do IBI' que incorpora o Orzamento financiaríase gran parte da actuación

O Grupo Municipal do PP de Monforte acusa ao alcalde de 'irresponsable' ao negarse a acometer as obras necesarias no Porto Seco para a construción da depuradora que suscita a Xunta e que resolvería o problema de saneamento daquelas firmas que pretendan instalarse na plataforma loxística para desenvolver a súa actividade.

Atendendo ás últimas declaracións do alcalde, das que hoxe se fan eco os medios, o PP anuncia que no próximo Pleno ordinario instará ao Goberno local a executar -previos os trámites oportunos- as obras propostas no proxecto elaborado pola Xunta de Galicia que permitan, cun sistema de depuración independente, obter as autorizacións e conceder as licenzas necesarias para a implantación de empresas no Porto Seco.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, sostén que 'tan só co que aumentaron os ingresos polo IBI' que o alcalde ordenou -pese á oposición dos populares- financiaríase parte da actuación necesaria. De feito, a instalación da depuradora ascende a 290.000 euros, mentres que o importe recaudado coa subida do imposto por parte do PSOE supón unha recaudación para as arcas municipais próxima aos 200.000 euros. 

O Grupo Municipal do PP precisa que nun Orzamento municipal de 12 millóns de euros e ante un equipo de Goberno que presume dunhas contas e unha situación económica favorable, presúmese a capacidade do rexidor para destinar 290.000 a unha actuación 'fundamental e inaplazable' para o desenvolvemento económico de Monforte e a súa comarca. 

'Conta con mecanismos presupostarios para acometer unha obra destas características, e non pode poñer en risco a implantación de empresas polo seu empeño en vincular o Porto Seco cos problemas de saneamento que ten o resto da cidade', expón Rodríguez.

A portavoz explica que hai unha empresa que ameaza con irse, polo que 'se o alcalde persiste na súa actitude de marear a perdiz en lugar de resolver este problema agora que ten a solución enriba da mesa, e esa empresa finalmente non se instala, só a el corresponderalle esa responsabilidade'.

Compromiso da Xunta con Monforte

Os populares rexeitan ademais que o alcalde socialista recorra ao canon que se paga polo saneamento cando a administración galega investiu máis de 4 millóns de euros dende 2009 no abastecemento e saneamento de Monforte. 'Si existe unha nova potabilizadora na cidade é grazas ao compromiso da Xunta de Galicia. O Señor Tome acudiu ao acto de posta en marcha para aparecer na foto, pero parece esquecer quen asumiu o custo das obras', replica a popular.

'Agora é momento de deixarse de fotos e poñerse a traballar. Falar de sete anos para solucionar o problema do saneamento do Porto Seco, cando temos a solución na man, é unha irresponsabilidade', conclúe Julia Rodríguez.

Novas

Redes Sociais