Novas

Xoves, 18 de febreiro de 2016

Os populares consideran que a situación está bloqueada “pola falta de posicionamiento e de propostas concretas” do alcalde

O Grupo Municipal Popular esíxelle ao Goberno local que expoña a súa proposta para o mercadillo dominical

Julia Rodríguez invita ao rexedor a reunirse cos seus concelleiros e formular un borrador de ordenanza que aclare a súa postura e o modelo que quere implantar

O Grupo Municipal do PP de Monforte esíxelle ao Goberno local que “dunha vez por todas” expoña a súa proposta para o mercadillo dominical. Os populares consideran que a situación atópase bloqueada “pola falta de posicionamiento e de propostas concretas” do alcalde.

A portavoz do Grupo Municipal Popular, Julia Rodríguez, acusa ao regidor de pretender “que a oposición lle faga o seu traballo” para, “se o resultado é positivo colgarse a medalla e en caso contrario botar balóns fose e dicir que a culpa a teñen os demais”. Por iso, dende o PP invitan ao rexedor a manter unha reunión cos seus concelleiros como paso previo para formular un borrador de ordenanza que aclare a postura do equipo de Goberno e o modelo que quere implantar.

”Pretende seguir mantendo reunións para que sexa a oposición a que se ocupe do seu labor, pero logo para temas tan importantes como a conexión do saneamento do porto seco non se lle ocorre convocar ao resto dos grupos con representación municipal”, replica a portavoz. 

Os populares consideran que ao existir posicións enfrontadas entre os vendedores debe ser o equipo de Goberno o primeiro que deseñe o modelo de mercadillo que quere manter, definir os produtos que se van a comercializar e as condicións que deben cumprir as persoas que realizan as súas vendas.

Novas

Redes Sociais