Novas

Mércores, 26 de xaneiro de 2016

A popular insiste en que FCC está obrigada a prestar a labor de saneamento de especies vexetais invasoras nos monumentos públicos de referencia do Concello, Ponte Vella e Muralla

Julia Rodríguez: “Si o alcalde non lee os contratos difícilmente pode garantir o seu cumprimento”

A portavoz do PP teme que ocorra o mesmo co resto de contratos asinados polo Goberno local, especialmente co de Aqualia

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, asegura que “si o alcalde non le os contratos difícilmente pode garantir o seu cumprimento”. Sae así ao paso das declaracións do rexidor socialista nas que nega que sexa o Concello o responsable de acometer a limpeza da muralla. “Non pode excusarse na necesidade dun brazo hidráulico ou na titularidade do monumento cando desde o Goberno local concédeselle esta competencia a unha concesionaria e , polo tanto, debe facela cumprir”.

O Grupo Municipal do PP fai público, para coñecemento dos monfortinos e para que o alcalde “abra os ollos” a parte do contrato asinado con FCC na que se establece a prestación do labor de saneamiento de especies vegetales invasoras nos monumentos públicos de referencia do Concello, Ponche Vella e Muralla. No documento especifícase ademais qué brigada levará a cabo a tarefa e con que equipo, entre o que se inclúe un vehículo con caixa aberta de 3,5 toneladas con plataforma elevadora. 

“Lamentamos que o alcalde non lea os contratos que vinculan ao Concello e, o que é máis grave, que non vele polo seu cumprimento”, replica a popular. Julia Rodríguez sostén que a posición do alcalde revela un absoluto descoñecemento do que pode esixirlle a FCC, polo que teme que estea pasando o mesmo co resto de contratos, especialmente co de Aqualia.

Extracto do contrato

Á PAXINA 118 DO APARTADO 6. MELLORAS TÉCNICAS E TECNOLÓXICAS

NAS PRESTACIÓNS DOS SERVIZOS MELLORAS AO NIVEL DE CALIDADE DO

SERVIZO

5.2.5. SERVIZO DE ROCE DE LIMPEZA E ROCE DE MALAS HERBAS EN MONUMENTOS PÚBLICOS

De modo adicional aos servizos de roce que se van a levar a cabo en solares municipais e á eliminación de malas herbas que forma parte das tarefas a desenvolver polos equipos de varrido manual, previuse a prestación do labor de saneamiento de especies vegetales invasoras nos monumentos públicos de referencia do Concello (Ponche Vella e Muralla).

Esta tarefa levarase a cabo por medio da brigada motorizada, asignada ao varrido manual do Nivel 5 de limpeza viaria e á limpeza de solares e vertidos incontrolados, que compatibilizará estas tarefas coa que aquí nos ocupa.

Recordamos nuevamente a composición do equipo asignado

1 Condutor

1 Peón

1 Vehículo caixa aberta de 3,5 t, con plataforma elevadora

Ferramentas e material auxiliar

Novas

Redes Sociais