Novas

Luns, 29 de febreiro de 2016

Os populares explican que esta situación xera molestias e dificultades de accesibilidad para os usuarios

O PP demanda ao Goberno local que garanta a accesibilidad na rampa de acceso e a praza de estacionamento á entrada do multiusos

O afundimento do firme e o encharcamento é consecuencia da saída de augas pluviais do edificio que verten directamente nese punto da calzada

O Grupo Municipal do PP presentou un rogo no Pleno ordinario no que pide que o máis axiña posible o Goberno local garanta a accesibilidade na rampa de acceso e na praza de estacionamento de discapacitados existente na entrada do edificio multiusos, xa que o firme atópase afundido e encharcado.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que desde fai algún tempo apréciase no firme da Ronda María Emilia Casas Baamonde á altura da fachada do edificio multiusos unha zona onde o terreo cedeu lixeiramente probablemente como consecuencia da saída de augas pluviais do edificio, que verten directamente nese punto da calzada.

Os populares explican que a canle polo que deberían discorrer as augas está colmatado, polo que quedan estancadas no punto de saída estendéndose paralelamente á beirarrúa provocando ademais dun afundimento do terreo, un charco permanente en época de choiva.

Dáse a circunstancia, ademais, de que o estacionamento reservado para persoas discapacitadas, do que fan uso de modo habitual as asociacións que desenvolven as súas actividades no multiusos, así como a rampa de acceso á beirarrúa, sitúase moi próximo ao tubo de saída de augas pluviais do inmoble.

O afundimento do firme e o encharcamento prodúcese xusto onde se sitúa a rampa e o estacionamiento de vehículos de persoas discapacitadas, o que xera molestias e dificultades de accesibilidade aos usuarios. Por iso, o Grupo Municipal do PP roga que se adopten as medidas necesarias para corrixir esta situación “o máis axiña posible”.

Novas

Redes Sociais