Novas

Martes, 1 de marzo de 2016

Os populares recordan que a empresa FCC percibe 2 millóns de euros ao ano do erario público, polo que consideran que o alcalde debería esixirlle que atenda as súas obrigacións

O PP censura que o Goberno local non obrigue á concesionaria responsable de limpar a muralla a cumprir co seu contrato

Julia Rodríguez explica que cando existiron procedementos xudiciais por reparación de bens foi o Concello o que tivo que pagar

O Grupo Municipal do PP de Monforte censura, trala votación do Pleno de onte, que o Goberno local non obrigue nin teña previsto obrigar á concesionaria responsable de limpar a muralla a que cumpra co seu contrato. Así se desprende do voto en contra do PSOE á moción presentada polos populares na que demandaban, atendendo ao contido do contrato, que a empresa FCC asuma as súas obrigacións e proceda ao saneamento das herbas para arrombar a súa imaxe coas autorizacións correspondentes.

Julia Rodríguez afirma que o PSOE apoiou un contrato que agora se nega a cumprir cando sabe que o servizo que se reclama estaba incluído entre as súas obrigacións. Os populares creen que os socialistas deben explicar por que apoiou ese contrato cando agora din que non pode facerse o que recolle. Os populares critican tamén o voto en contra do BNG que, pese a formalizar o contrato e a contar cun plan elaborado polo bipartito, mantivérono durante 8 anos no caixón.

“No contrato recóllese a prestación dun servizo que o alcalde négase a facer cumprir, polo que nos preguntamos cal é entón o seu labor á fronte do Concello”, inquire a portavoz, Julia Rodríguez. A popular recorda que o contrato coa empresa FCC supón un desembolso anual de 2 millóns de euros, polo que o rexedor “debería ser o primeiro que garanta que atenda as obrigacións recolleitas no contrato”.

Os populares lamentan ademais que o equipo de Goberno rexeite a elaboración dun estudo que permita determinar e dirimir a titularidade do monumento, un aspecto que aínda non se precisou e que será necesario para o seu posterior rehabilitación e recuperación.

O Grupo Municipal do PP aclarou no Pleno que o feito de que o monumento sexa declarado BIC non aclara quen é o titular. Tanto é así, explicou a portavoz, que cando houbo que reparar bens de particulares o procedemento xudicial dictouque quen tiña que pagar era o Concello, posto que non estaba acreditado que a Xunta fose a titular.

Os populares defenderon a existencia dun monumento histórico “sobre o que hai que actuar e que non pode seguir oculto pola maleza”. Insisten ademais en que, atendendo ao pago que se fai á empresa, o rexedor debería facer cumprir coas súas obrigacións.

Así, o Grupo Municipal do PP esíxelle ao equipo de Goberno que limpen a muralla para que non continúe co seu estado de deterioro e poida ser un reclamo turístico para a cidade.

Extracto do contrato

Á PAXINA 118 DO APARTADO 6. MELLORAS TÉCNICAS E TECNOLÓXICAS

NAS PRESTACIÓNS DOS SERVIZOS. MELLORAS AO NIVEL DE CALIDADE DOSERVIZO

5.2.5. SERVIZO DE ROCE DE LIMPEZA E ROCE DE MALAS HERBAS EN MONUMENTOS PÚBLICOS

De modo adicional aos servizos de roce que se van a levar a cabo en solares municipais e á eliminación de malas herbas que forma parte das tarefas a desenvolver polos equipos de varrido manual, previuse a prestación do labor de saneamento de especies vexetais invasoras nos monumentos públicos de referencia do Concello (Ponte Vella e Muralla).

Esta tarefa levarase a cabo por medio da brigada motorizada, asignada ao varrido manual do Nivel 5 de limpeza viaria e á limpeza de solares e vertidos incontrolados, que compatibilizará estas tarefas coa que aquí nos ocupa.

Recordamos novamente a composición do equipo asignado

1 Condutor

1 Peón

1 Vehículo caixa aberta de 3,5 t, con plataforma elevadora

Ferramentas e material auxiliar

Novas

Redes Sociais