Novas

Mércores, 16 de marzo de 2016

Os populares demandan ao Concello que limpe os solares municipais, especialmente os que se atopan na contorna do recinto amurallado requirindo para iso á concesionaria FCC

O PP insta ao Goberno local a que actúe de oficio e faga cumprir as ordenanzas vixentes sobre protección ambiental

Julia Rodríguez pide que se eliminen as pintadas e o graffiti do depósito de San Vicente e que Aqualia realice o mirador comprometido no seu contrato

O Grupo Municipal do PP presenta unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que instan ao equipo de Goberno a que actúe de oficio e cumpra a súa función de policía e faga cumprir as ordenanzas vixentes no Concello sobre protección medioambiental en relación coa limpeza de solares en xeral.

Os populares solicitan ademais que se proceda de inmediato á limpeza dos solares municipais e, de modo especial, aqueles que se atopan na contorna do recinto amurallado requirindo para iso á concesionaria da limpeza viaria, FCC, para que proceda ao roce dos solares municipais e á eliminación de herbas e saneamiento de especies vegetales invasoras na muralla.

Piden ademais que se proceda a eliminar as pintadas e o grafitti que existe no depósito de San Vicente requirindo para iso á empresa concesionaria Aqualia, á que ademais lle esixen que acondicionen a contorna do depósito para facer un mirador, tal e como compromete o seu contrato. No texto figura o roce e adecentamento xeral da contorna dos depósitos, mediante a construcción dun mirador, pintando o exterior dos depósitos, colocando mesas e bancos de madeira na parte dianteira, arrombando os accesos á zona e iluminando de modo acorde á contorna.

Queixas dos veciños

O Grupo Municipal Popular presentou varias mocións nos anos 2012, 2013 e 2014 nas que se poñía de manifesto a existencia de numerosos solares no casco urbano de Monforte que se atopaban en situación insalubre e de risco de incendio por falta de limpeza, o que derivou en numerosas queixas e reclamacións dos veciños. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, sostén que de novo se recibiron queixas “especialmente graves” porque se refiren ao estado dos solares que circundan as inmediaciones do recinto amurallado. “Debe presentar unhas condicións adecuadas de limpeza, non só por unha cuestión estética, senón de seguridade para a propia muralla e as vivendas que se atopan nas súas inmediacións”, explica.

A popular esgrime que o Concello “non só non está facendo nada por dar cumprimento ás ordenanzas, senón que mantén os terreos municipais cheos de maleza, co risco que iso representa”. “E cando se lle pide que faga que a empresa concesionaria o limpe, como figura no seu contrato, vota en contra”, recorda Rodríguez.

Novas

Redes Sociais