Novas

Xoves, 31 de marzo de 2016

Os populares piden que se revise a ordenanza correspondente para incluír o criterio de xénero que no futuro permita compensar esta desigualdade que afecta ao nomeamento das rúas da cidade, contribuíndo así a poñer en valor os méritos de moitas mulleres ao longo do tempo e, ademais, alcanzar unha maior igualdade social

O PP pide que se incorpore o criterio de xénero como elemento preferente na denominación e rotulación das vías públicas

Julia Rodríguez sostén que existen mulleres vinculadas a Monforte con méritos suficientes para que se lle dediquen rúas na cidade 

O Grupo Municipal do PP presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que piden ao Goberno local que previos os trámites oportunos se proceda a revisar a ordenanza reguladora da denominación de vías públicas a fin de incorporar o criterio de xénero como elemento preferente no caso de que se opte por impoñer ás rúas nomes de persoas.

O Grupo do PP considera que a ordenanza reguladora da denominación de vías públicas non contempla de ningún xeito o criterio de igualdade de xénero ao establecer os criterios de asignación de denominaciones cando se trata de nomes persoais. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, sostén que é un dato obxectivo que o número de rúas de Monforte identificadas con nomes de home supera ao de rúas que levan nome de muller.

Como tamén é un dato obxectivo, engade, que existen mulleres vinculadas á nosa historia, cultura, etc..., con méritos suficientes para que se lle adiquen rúas na cidade.

Por iso, o PP pide que se revise a ordenanza para incluír o criterio de xénero que no futuro permita compensar esta desigualdade que afecta ao nomeamento das rúas da cidade, contribuíndo así a poñer en valor os méritos de moitas mulleres ao longo do tempo e, ademais, alcanzar unha maior igualdade social.

Extracto da ordenanza municipal:



Novas

Redes Sociais