Novas

Sábado, 2 de abril de 2016

Os populares denuncian a existencia de abundantes residuos no Parque dos Condes o pasado domingo

O PP esixe ao Concello que requira a FCC o cumprimento do contrato sobre o reforzo da limpeza viaria en domingos e festivos

Julia Rodríguez precisa que é competencia da empresa concesionaria intervir na parte máis céntrica e emblemática do caso urbano do Concello

O Grupo Municipal do PP de Monforte esixe ao Concello que requira á concesionaria da limpeza, FCC, o cumprimento do contrato sobre o reforzo da limpeza viaria en domingos e festivos. Con este motivo os populares presentarán un rogo ao Pleno do luns tras advertir a existencia de abundantes residuos no Parque dos Condes o pasado domingo. (Achéganse fotos).

Os populares recordan que, tal e como fixa o contrato da concesionaria, os domingos e festivos prestarase unha atención especial á parte máis céntrica e emblemática do caso urbano do Concello, entre a que se atopa o Parque dos Condes.

En concreto, o contrato indica:

Limpeza en domingos e festivos. Os servizos de limpeza que imos desenvolver son os que agora relacionamos. Varrido manual individual e varrido manual monotorizado. Previuse pensar unha especial atención á limpeza de zonas de lecer nocturno e diversión xuvenil, e inclúe no seu ámbito, xa que logo, a contorna da Rúa Paseo de Lugo como o da Rúa Duquesa de Alba, ademais da parte máis céntrica e emblemática do casco urbano do Concello. 

Achégase o dimensionamento de medios previsto para cada unha das operacións.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, considera que si a empresa non cumpre o seu contrato como debese, “debe ser o alcalde o que esixa o cumprimento do contrato para evitar imaxes como as que puideron verse o pasado domingo nun dos lugares de referencia da cidade, tanto para os monfortinos como para aqueles que nos visitan”, explica.

Os populares lamentan ademais que esta situación coincida cunha xornada festiva con afluencia de moitos foráneos ofrecendo unha imaxe lamentable do parque.

Novas

Redes Sociais