Novas

Sábado, 23 de abril de 2016

O Grupo Municipal do PP presenta unha moción para o seu debate no Pleno do luns na que demandan unha achega da institución provincial por importe de 1.149.000 euros

O PP de Monforte pide que a Deputación acometa actuacións na finca de Tor, o arranxo de estradas provinciais e a colocación dunha marquesiña

JuliaRodríguez afirma que se pretende que o Goberno provincial financie a realización de diversas actuacións “necesarias e urxentes no noso concello e que benefician a todos os veciños”

O Grupo Municipal do PPde Monforte presenta unha moción para o seu debate no Pleno do vindeiro luns na que lle solicitan á Deputación de Lugo que acometa diferentes actuacións na finca de Tor, así como no arranxo de diferentes estradas provincias e a colocación dunha marquesiña.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, explica que a proposta ten por obxecto quea Deputación Provincial de Lugofinancie “a realización de diversas actuacións necesarias e urxentes no noso concello e que benefician a todos os veciños”.

En concreto, o Grupo Municipal do PP demanda financiamento para a posta en produción, recuperación e conservación da Finca do Pazo de Tor e as súas instalacións, para o que reclaman 885.000 euros. Solicitan tamén a instalación dunha marquesiña nas inmediacións da Residencia da Terceira Idade do Morín por importe de 4.000 euros.

En relación coas estradas, demandan o arranxo de varios vias provinciais: LU-3201 (pintado e sinalización e pasos de peóns en Piñeira), a LU-3202 (mellora do firme, sinalización e pintado), a LU-3203 (mellora puntual de firme e eliminación de fochanca en tramo urbano) LU-3207 (eliminación baches km 2, sinalización e pintado) ou a LU-P-0901 (mellora do firme entre Fiolleda e Carrouba), e bacheospuntuais nestas e noutros viais provinciais que se cuantifican en 260.000 euros.

Proxectos pendentes

Os populares recordan que en xullo de 2014 se presentou un proxecto no que se anunciaba un investimento de 885.000 euros para crear na finca do Pazo de Tor unha granxa cinexética de cría de perdiz e coello de monte, un centro de cría de enxames de abellas para que os apicultores poidan rexenerar as súas colmeas e un viveiro de árbores para repoboacións arbóreas. Un anuncio que nunca chegou a materializarse, a pesar de ter transcorridos preto de dous anos dende aquela presentación.

A voceira explica que neste tempo non só non se ten feito nada por facer a finca produtiva, senón que tanto a finca como as súas instalacións carecen do mínimo mantemento, presentando un estado de abandono que non se corresponde coa importancia e o potencial das instalacións doadas no seu día pola Señora Mª Paz Taboada y Zúñiga, para rendibilidade e desfrute de todos os cidadáns da provincia.

Por iso, os populares interésanse porque se efectúe o investimento proxectado no seu día por importe de 885.000 euros a fin de facer produtiva e recuperar e manter a finca do Pazo de Tor e as súas instalacións.

As vias de titularidade da Deputación, precisan nalgúns casos de actuacións urxentes de mantemento, como a LU-3201 (pintado e sinalización pasos peatonales en Piñeira), a LU-3202 (mellora do firme, sinalización e pintado), a LU-3203 (mellora puntual de firme e eliminación de socavón en tramo urbano) LU-3207 (eliminación baches km 2, sinalización e pintado) ou a LU-P-0901 (mellora do firme entre Fiolleda e Carrouba), e bacheos puntuais nestas e noutros viales provinciais que se cuantifican en 260.000 €.

Por último, os usuarios do transporte urbano e interurbano, téñenlle trasladado a este grupo a necesidade de dotar dunha marquesiña a parada de autobús existente nas inmediacións da Residencia da Terceira Idade do Morín, que carece dela, e que se cuantifica en 4.000 euros.

Novas

Redes Sociais