Novas

Mércores, 25 de maio de 2016

Os populares explican que tanto as reparacións como as acometidas da rede de abastecemento e saneamento corresponde efectualas á empresa concesionaria, Aqualia

O PP de Monforte preguntará no Pleno polas obras levadas a cabo por persoal municipal na Rúa Armando Cotarelo

Julia Rodríguez interésase tamén polos prezos aplicados pola concesionaria en caso de novas acometidas, rehabilitación ou reparación das existentes

O Grupo Municipal do PP de Monforte formulará unha pregunta no próximo Pleno para saber en que consistiron as obras levadas a cabo por persoal municipal na Rúa Armando Cotarelo o pasado 27 de abril.

Os populares interésanse ademais polas razóns polas que o persoal municipal levou a cabo estas actuacións na rede tendo en conta que tanto as reparacións como as acometidas da rede de abastecemento e saneamento corresponde efectualas á empresa concesionaria, Aqualia.

Os populares explican que o pasado 27 de abril persoal municipal do Concello de Monforte realizou obras na Rúa Armando Cotarelo que afectaron á rede de abastecemento, posto que os veciños da zona viron diminuída a presión e a coloración da auga durante esa xornada.

É sabido, engade o PP, que as reparación na rede, pero tamén as acometidas, tanto de abastecemento como de saneamento, en tanto no que se refire á súa instalación como ao seu mantemento, son competencia da concesionaria Aqualia. Así, tívose coñecemento de clausura pola concesionaria de acometidas no caso de baixas temporais, requirindo daquela o pago de importantes cantidades para a súa reparación.

O Concello debe ser o que aprobe os prezos das obras de acometidas, pero non hai constancia de que sexan aprobadas a data actual, precisa a portavoz, Julia Rodríguez.

Por iso, o Grupo Municipal do PP pregunta tamén polo procedemento seguido pola concesionaria en caso de baixas temporais de inmobles, así como polos prezos aplicados pola concesionaria en caso de novas acometidas, rehabilitación ou reparación das existentes e se foron eses prezos aprobados polo Concello.

Os populares advirten que desde fai anos pode estar ocorrendo que se cobren uns prezos excesivos por acometidas sen que fosen debidamente aprobados polo Concello, polo que piden dispoñer desta información canto antes.

Novas

Redes Sociais