Novas

Venres, 27 de maio de 2016

Os populares interésanse ademais por saber como afectará que o plan non se leve a cabo coa anunciada suspensión de sancións por vertidos

O PP denuncia un recorte presupostario para acometer o plan de redución de vertidos de case 144.000 euros

Julia Rodríguez preguntará no Pleno como afecta esta decisión á súa execución

O Grupo Municipal do PP de Monforte realizará unha pregunta no próximo Pleno para saber como afectará á súa execución a redución da partida presupostaria prevista para o plan de redución de vertidos que decidiu o Goberno local. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, interésase ademais por como vai afectar esta circunstancia á anunciada suspensión de sancións por vertidos se o plan non se leva a cabo.

Os populares explican que unha das propostas de acordo debatidas no próximo pleno ten que ver coa modificación de crédito da partida de 325.772 euros que no orzamento municipal se destinaría ao Convenio entre o Concello, Xunta, Confederación Hidrográfica e Deputación para levar a cabo un plan de redución de vertidos.

A modificación ten por obxecto destinar 143.990 euros desa partida á obra da estación depuradora de augas residuais da área loxística Porto Seco de Monforte.

Ademais de presentar o plan de redución de vertidos, a información que se trasladou sinalaba que o cumprimento dese plan evitaría durante o tempo en que se levase a cabo a imposición de sancións que se puidesen producir.

Os populares consideran que esta redución da cuantía inicialmente presupostada afectará á execución dese plan, polo que piden coñecer os detalles polos que o Concello toma esta determinación. O PP presentou esta pregunta ao pasado Pleno pero segue pendente a contestación por parte do Goberno local, que esperan obter na próxima sesión.

Novas

Redes Sociais