Novas

Sábado, 4 de xuño de 2016

Os populares manterán contactos cos demais grupos da oposición para, de alcadar o consenso, levar de novo a petición ao próximo Pleno

O PP tratará de convencer a BNG e Esperta para que apoien a cesión do baixo do Hotel Comercio á Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra

Julia Rodríguez explica que este local “é o máis adecuado” para acoller centro de recepción de peregrinos, interpretación e divulgación do Camiño de Inverno

O Grupo Municipal do PP manterá conversacións co BNG e Esperta Monforte para que apoien a cesión do baixo do Hotel Comercio á Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Os populares defenden que o local sexa utilizado como centro de recepción de peregrinos, interpretación e divulgación do Camiño de Inverno, polo que invitan aos outros dous grupos da oposición a reconsiderar a súa postura.

Os populares toman esta determinación despois da negativa do equipo de Goberno e tralas manifestacións dos nacionalistas nas que recoñecen que o seu posicionamento podería ser reconsiderado, tal e como expresaron a través dos medios de comunicación. De ser así, o Grupo Municipal do PP levará de novo ao Pleno a súa iniciativa.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, insistirá en que o Concellofaga as xestións oportunas co organismo titular do inmoble, o IGVS, para ceder un local que actualmente o Concello manténpechado e polo que paga 338 euros al mes.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, considera que a actitude que mantivo o señor Tomé no Pleno“non demostra o recoñecemento que a tarefa da Asociación merece, senón que lle da as costas”. Os populares cren que ceder este local podería resultar un revulsivo para a cidade, o mesmo que implicala no que está chamado a ser o futuro do Camiño de Inverno.

A proposta municipal, unha incógnita

Os populares critican ademais o anuncio do alcalde no que recoñece que gastará 15.000 euros na reforma do local sen precisar o fin ao que quere destinalo. Tanto é así que nos medios de comunicación fala de “servizos municipais” sen ofrecer as aclaracións oportunas.

“Que se deixe de misterios e incógnitas porque realmente o que lle faltan son argumentos para impedir esta cesión á Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra”, di a portavoz.

Novas

Redes Sociais