Novas

Monforte, 13 de xuño de 2016

O Núñez Feijoo explicou onte en Monforte que “non existe problema” en facilitar a modificación da clausula para que a Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra poida utilizar o baixo para promocionar a ruta

O PP agradece a disponibilidad do presidente da Xunta para que o IGVS cambie o uso do Hotel Comercio

Julia Rodríguez afirma que o alcalde “xa non terá escusas para realizar o trámite co Goberno galego”

O Grupo Municipal do PP agradece a disponibilidade que onte trasladou o presidente da Xunta nun acto en Monforte para que o IGVS cambie o uso do baixo do Hotel Comercio e que pode ser así utilizado pola Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Alberto Núñez Feijoo respondeu a unha pregunta da presidenta da Asociación, Aída Menéndez, na que esta se interesou pola posibilidade de que o IGVS modifique o uso do inmoble.

O máximo responsable autonómico respondeu que pola Xunta “non hai ningún problema en facilitar a modificación desa cláusula para que a Asociación poida facer uso dese baixo e utilizalo para promocionar o Camiño”.

Por iso, o PP de Monforte pídelle ao alcalde que faga as xestións oportunas co organismo titular do inmoble para que poida ser utilizado como centro de recepción de peregrinos, interpretación e divulgación do Camiño de Inverno. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, afirma que o alcalde “xa non terá escusas para realizar o trámite co Goberno galego”.

Os populares recordan que o Concello mantén pechado o local polo que paga 338 euros ao mes.

Declaracións do presidente

Feijoo precisou: “Se o edificio é da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Vivenda e Solo que nós lle concedemos ao Concello para que puxera instalacións municipais e o Concello non as puxo porque o ten baleiro, o que ten que facer simplemente é cambiar esa cláusula, é dicir, que se pode utilizar parte do baixo ou o que fora desas instalacións para este tipo de asociación. Como é unha asociación sen ánimo de lucro, unha asociación que está substituíndo á administración pública para promover o Camiño. Hai moitas asociacións Amigos do Camiño de Santiago que o que fan é que teñen unha rede universal de unidade Europea de información e son os que realmente traen a moitos peregrinos de Alemaña, Francia ou o Reino Unido...”.

Novas

Redes Sociais