Novas

Martes, 16 de xullo de 2016

Os populares consideran “imprescindible” a elaboración desta ordenanza co fin de “racionalizar as obras tratando de conseguir o máximo aproveitamento das mesmas”

O PP de Monforte solicitará no próximo pleno a elaboración dunha ordenanza xeral de obras na vía pública

Julia Rodríguez apunta que “as obras que se levan a cabo na vía pública deben ser aproveitadas para calesqueira outras actuacións que sexan compatibles, de maneira que se eviten duplicidades de custos e molestias aos cidadáns”

O Grupo Municipal do PP de Monforte levará unha moción ao próximo pleno da corporación na que solicitarán a elaboración dunha ordenanza xeral de obras na vía pública. Os populares consideran imprescindible a elaboración desta ordenanza co fin de racionalizar as obras tratando de conseguir o máximo aproveitamento das mesmas.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, apunta que “son moitos os casos, en que os cidadáns soportamos actuacións en viais, por interese dunha empresa suministradora, e ao pouco tempo repítese unha obra similar, por interese doutra, ou do propio Concello”.

Rodríguez apunta que “recentemente o Concello promoveu a realización de obras na rúa Corredoira” e recorda que “o resultado de execución desta obra, ofrece moitas deficiencias no que á vía pública se refire, e que é necesario evitar no futuro”. A portavoz sinala que “tamén recentemente autorizouse a realización de obras na rúa Hortas para a instalación dunha liña de alta tensión, sen contemplar a inconveniencia de levar a cabo estas obras, nunha data en que xera un caos previsible e evitable”.

A popular engade que “tamén denunciamos en múltiples ocasións incidencias en canto ao tempo de permanencia de gabias e obras na vía pública, que persisten abertas durante longo tempo, sen advertir traballo nelas, sen a adecuada protección nin sinalización nin indicación de quen realizaba a obra nin con que fin, ao obxecto de informar aos cidadáns en caso de derivarse responsabilidades”. Ademais, precisa, “non se advirte que exista unha planificación das instalacións para conducións na vía pública de servizos públicos, de suministros de todas clases e das obras e condicións necesarias para o seu establecemento, trazado, conservación, supresión, substitución, modificación ou traslado”.

Para evitar estas circunstancias, a portavoz popular considera “fundamental” que se elabore esta regulación pois hai que ter en conta que “as obras que se levan a cabo na vía pública deben ser aproveitadas para calesqueira outras actuacións que sexan compatibles, de maneira que se eviten duplicidades de custos e molestias aos cidadáns”.

Unha regulación moi necesaria

Os populares sinalan que, en concreto, debe regular “os mecanismos para a coordinación das empresas de suministros que vaian efectuar canalizacións no dominio público, con actuacións de interese municipal. E as condicións de execución, control e inspección da obra ata a correcta reposición do dominio público. Así como de sinalización e balizamento”.

Ademais, apuntan, “é preciso incluír as características de arquetas e tapas de rexistro, a fin de evitar a proliferación de elementos singulares na vía pública. E as condicións de reposición de pavimentos, a fin de dotar de identidade e coherencia en canto a calidades colorees e texturas, particularmente nas beirarrúas, suprimindo barreiras arquitectónicas cando o tramo de actuación afecte a pasos de peatóns, tanto si existían ou non”.

O PP local sinala que, ademais, é preciso incorporar “criterios en canto a execución de beirarrúas en relación a accesos a vados, a prohibición de tendidos aéreos en chan urbano, salvo en casos xustificados e de modo provisional e o establecemento de mecanismos dirixidos ao progresivo soterramento dos tendidos eléctricos, xa sexa aproveitando as obras executadas polas empresas titulares dos mesmos, ou por promoción do propio Concello, con aproveitamento das subvencións existentes”.

Julia Rodríguez demanda a “necesidade” de levar a cabo esta regulación “co obxectivo de minimizar o impacto negativo que poida ter a execución de obras na cidade e para os monfortinos e monfortinas”.

Novas

Redes Sociais