Novas

Monforte, 21 de xullo de 2016

Os populares piden como actuacións prioritarias a posta en funcionamento do ascensor e que se fagan accesibles os aseos da planta baixa

O PP de Monforte esixe que se eliminen as barreiras arquitectónicas que afectan ao edificio da Casa da Cultura ‘Lois Pereiro’

Julia Rodríguez descoñece por que o Goberno local presupostou 20.000 euros máis para estas reparacións tras investir na instalación anteriormente

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou unha iniciativa para o seu debate no Pleno do martes na que esixe ao Concello que elimine as barreiras arquitectónicas que afectan ao edificio da Casa da Cultura Lois Pereiro. En concreto, o PP pide que se interveña tanto no que afecta á posta en servizo do ascensor, como a facer accesibles os aseos da planta baixa, así como outras barreiras que poidan impedir a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida.

O PP explica que fai xa varios anos instalouse un ascensor no edificio que non chegou a poñerse en funcionamento, salvo para subir uns mobles en certa ocasión. Así, as actividades culturais e educativas que se realizan no inmoble non poden ser desenvolvidas por persoas con mobilidade reducida, pola imposibilidade de acceder ás plantas superiores onde se sitúa a biblioteca e as aulas da UNED.

O orzamento elevado ao Pleno para 2016 polo equipo de Goberno contemplaba unha partida de 20.000 euros para a reposición do elevador. “Este grupo descoñece as razóns polas que, logo de investir na instalación do ascensor, fai escasas anualidades, é necesario presupostar outros 20.000 euros para o seu reposición ou posta en funcionamento”, explica a portavoz, Julia Rodríguez.

A popular indica que si o ascensor está afectado por algún tipo de deficiencia ou circunstancia que impedise a súa posta en funcionamento, “non se entende que non se formularon as reclamacións necesarias, como tampouco se entende que transcorridos varios meses desde que se aprobou o orzamento, e o acordo plenario correspondente, o ascensor siga sen estar operativo”.

Outras barreiras

As barreiras arquitectónicas non só impiden a accesibilidade á biblioteca e as aulas da UNED das plantas superiores, senón que tampouco son accesibles os aseos que se sitúan na planta baixa do edificio, xa que contan con chanzos na súa entrada.

Novas

Redes Sociais