Novas

Monforte, 28 de xullo de 2016

O director do IGVS explicou que “non existe problema” en facilitar a modificación da cláusula para que a Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra poida utilizar o baixo para promocionar a ruta

O PP traslada ao alcalde a disponibilidade do IGVS para cambiar o uso do Hotel Comercio e que poida ser destinado a centro de interpretación

Julia Rodríguez pide ao alcalde que atenda a demanda da Asociación e deixe de lanzar balóns fóra

O Grupo Municipal do PP mantivo varias reunións co director do IGVS, Heriberto García Porto, nas que o responsable autonómico trasladou a disponibilidade de que este departamento cambie o uso do baixo do Hotel Comercio e que poida ser así utilizado pola Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, un compromiso que tamén trasladou o presidente da Xunta nunha visita a Monforte. Na última reunión con García Porto, a portavoz do PP, Julia Rodríguez, estivo acompañada pola presidenta da Asociación, AídaMenéndez, así como pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

O responsable autonómico expuxo que “non existe ningún problema por parte da Xunta en facilitar a modificación desa cláusula para que a Asociación poida facer uso dese baixo e utilizalo para promocionar o Camiño”.

Por iso, o PP de Monforte pídelle ao alcalde que “dunha vez por todas” faga as xestións oportunas co organismo titular do inmoble para que poida ser utilizado como centro de recepción de peregrinos, interpretación e divulgación do Camiño de Inverno. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, afirma que o alcalde “debe atender a demanda da Asociación e deixar de botar balóns fóra”.

“Lamentamos que non apoie esta proposta e tampouco faga ningunha propia, de maneira que dilapida 338 euros ao mes por un local que mantén pechado”, censura a portavoz.

Os populares explican que seguirán ademais mantendo conversacións cos outros grupos da oposición para que reconsideren a súa postura e apoien esta reivindicación da Asociación, de maneira que poida ser aprobada polo Pleno.

Novas

Redes Sociais