Novas

Venres, 6 de setembro de 2013

A portavoz do PP de Monforte evidenciou no Pleno que os nacionalistas prevían incluír no plan de axuste unha suba do tipo ao 0,60, igual á que temporalmente aprobou o Goberno central, pero coa diferenza de que o Concello a prolongaba ata o 2019

Julia Rodríguez acusa ao Goberno local de rasgarse as vestiduras tras ser os primeiros en propoñer unha suba do IBI do 0,60 ata 2019

O Grupo Municipal do PP pídelle ao Concello que informe debidamente aos cidadáns cada vez que se suba ou modifique un imposto ou taxa "sexan do tipo de sexan"

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, acusou onte ao Goberno local de rasgarse as vestiduras cando foron os primeiros en propoñer unha suba do IBI do 0,60 ata o ano 2019 a través do plan de axuste. Foron, con todo, os populares, tal e como se evidenciou onte a través das actas plenarias, os que conseguiron que o tipo baixase ao 0,55 grazas ás negociacións coa interventora a conta da rebaixa do gasto na oficina de rehabilitación.

"Non imos seguir discutindo co portavoz do PP sobre se el chegou primeiro ao Concello ese día, o importante é que quen fixo a proposta concreta para a baixada do IBI e quen aportou a vía de redución do gasto que permitiría esa baixada, que foi o Partido Popular cunha rebaixa de 100.000 euros de gasto na oficina de rehabilitación", esgrime a portavoz.

A popular explicou ademais que afortunadamente as actas plenarias permiten acreditar que foron tamén os populares quen esixiron que se corrixise unha cláusula de revisión que permitise rebaixar o tipo do IBI e volver ao 0,45 "en canto as medidas adoptadas polo Goberno central e a situación económica do Concello o permitise".

Para o Grupo Municipal do PP resulta "rechamante" que os nacionalistas que Gobernan en Monforte, que propuxeron unha subida do IBI do 0,60 ata 2019, "sexan os mesmos que agora se queixan porque o Estado implantou a medida temporalmente para seguir favorecendo á administración local, que é quen recibe a recadación".

"A connivencia nesta cuestión e outras entre PSOE e BNG queda de manifesto á vista do contido da carta remitida aos veciños, na que se atribúe a redución ao PSOE, malia que as actas plenarias din outra cousa, que o portavoz do PSOE non se atreveu a rebater en presenza da interventora municipal", engade Rodríguez.

400.000 euros de recadación

Julia Rodríguez considera que o seguinte paso será analizar o uso que o Goberno local fai do diñeiro recadado que, como xa anunciou o Grupo Municipal Popular, supera os 400.000 euros. Os populares esperan que esta contía sexa destinada aos fins máis adecuados e non se gasten novamente 60.000 euros na promoción de mercados temáticos, como fixo o Concello recentemente.

A portavoz do PP pediu ademais que a partir de agora se informe aos monfortinos debidamente desde o Concello cada vez que se suban as taxas ou os impostos "sexan do tipo que sexan".

Problemas do auga

Pese a que o PP conseguiu o apoio da Corporación para aprobar a moción na que piden que se resolvan os problemas de subministro de auga que afectan á cidade, a popular considera que os argumentos proporcionados polo equipo de Goberno "son claramente insuficientes", tendo en conta de que fai dez anos que están no poder e que a renovación da rede, causante de boa parte das incidencias, non se renovou en medida algunha.

Novas

Redes Sociais