Novas

Sábado, 1 de outubro de 2016

Os populares critican tamén que o alcalde non tivese en conta “que a data e hora de celebración da actividade son incompatibles cos horarios dos universitarios, de aí o escaso público que acudiu aos relatorios”

O PP de Monforte lamenta a escasa publicidade que o Concello fixo do curso sobre Cervantes eo Conde de Lemos

Julia Rodríguez considera que “con esta falta de interese do rexedor perdemos unha extraordinaria oportunidade para poñer en valor o importante vínculo que une a un dos autores máis destacados da literatura universal coa nosa cidade”

O Grupo Municipal do PP de Monforte critica a escasa divulgación e publicidade que o Concello lle deu ao curso ‘Literatura e Mecenado do século XVII: Cervantes, Don Quijote e o Conde de Lemos’, celebrado estes días no Parador de Turismo para conmemorar o cuarto centenario do pasamento do autor. A voceira dos populares, Julia Rodríguez considera que “como consecuencia da falta de iniciativa do rexedor, a participación nesta actividade foi mínima”.

Rodríguez lamenta que “unha vez máis, e por culpa da incapacidade do alcalde socialista, perdemosunha extraordinaria oportunidade para poñer en valor o importante vínculo que une a un dos autores máis destacados da literatura universal coa nosa cidade e co Conde de Lemos”.

Os populares critican taménque o alcalde non tivese en conta “que a data e hora de celebración da actividade son incompatibles cos horarios dos universitarios, de aí o escaso público que acudiu aos relatorios”.

A voceira populardestaca “a altura dos conferenciantes e a calidade das exposicións” pero lamenta “a mínima divulgación” que se lle deu á actividade e “a torpeza do alcalde”para a elección da data de celebración das mesmas “que son incompatibles para que participen os universitarios, que son os que terían interese en conseguir os créditos de libre elección que se lles poden recoñecer coa asistencia ás ponencias”. Explica que o nivel dos relatores pedía, como mínimo, que a promoción se fixera a nivel autonómico.

Unenorme potencialsen explotar

Os populares consideran que o rexedor monfortino “non está aproveitando o enorme potencial que este tipo de actos poderían ter, coas consecuencias positivas que traerían á nosa cidade”.

Julia Rodríguez critica ademais “o cinismo do alcalde”, quen nunhas recentes declaracións aos medios de comunicación dicía que dende o Concello vían “un filón turístico na relación entre Cervantes e Monforte”. A voceira pregúntalle ao rexedor “en que momento se aproveitou ou se pensa aproveitar este ‘filón turístico’?” pois recórdalle que o Goberno local monfortino para conmemorar o pasamento deste importante autor “só levou a caboun breve acto a finais do ano pasado e agora este curso, que queda á vista que non soubo explotar nin divulgar”.

“Interesouse tanto polo ‘filón turístico’, como o Señor Tomé o define, que en todo o que levamos de ano non foi incapaz de organizar nin un só acto, nin tan sequera na data do 23 de abril cando se conmemoraban os 400 anos do falecemento de Cervantes”, critica a popular. Julia Rodríguez engade que o PP non pode máis que criticar“a hipocrisía do alcalde que non deixa de referirse e tratar de gañar un titular co ‘filón de Cervantes’ ou a importancia do Camiño de Inverno cando despois o pouco que fai non o divulga adecuadamente e incluso torpedea o que queren facer os demais”.

Novas

Redes Sociais