Novas

Monforte,8 de outubrode 2016

Os populares denuncian a deixadez do alcalde ante un acordo que tomaron os tres grupos da oposición xa no pleno do mes de xuño a iniciativa do PP

Julia Rodríguez fai xestións coa CHMS para arranxar a Rúa Manuel Murguía ante a incapacidade do alcalde de formalizar o acordo que aprobou o Pleno

A voceira do PP demandoulle ao presidente a mellora do firme de xeito urxente e unha partida nos Presupostos de 2017 para facer unha actuación máis ampla

A portavoz do PP de Monforte, JuliaRodriguez, vén de manter un encontro de traballo co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, a quen lle trasladou a urxente necesidade de acometer melloras na Rúa Manuel Murguía e ante a incapacidade do alcalde de formalizar o acordo que aprobou o Pleno.

En concreto, a voceira dos populares de Monforte demandoulle ao presidente da Confederación que leven a cabo unha actuación de mellora do firme, dado o lamentable estado no que se atopa e que estamos aproximándonos a temporada de chuvias, feito que, a bo seguro, agravará a situación.

“De momento e dada a situación na que nos atopamos, explica Rodríguez, sen uns Presupostos para o ano 2017, só se poderá acometer unha acción de bacheo de xeito inmediato”, engade. Así, a voceira do PP solicitoulle ao presidente da CHMS que se inclúa nos Orzamento do ano próximo unha partida para acometer unha actuación máis completa de mellora do firme, que inclúa redutores de velocidade nas aproximacións aos cruces para mellorar a seguridade viaria.

Julia Rodríguez agradece a boa disposición e colaboración amosada por Francisco Marín. Ao contrario, a voceira lamenta a falta de sensibilidade do alcalde de Monforte que, pese a existir un acordo do Pleno que así o fixa, non tramitou o convenio que poría fin de xeito definitivo aos problemas dos veciños e veciñas da Rúa Manuel Murguía.

“Nin axuda a resolver os problemas nin propón solucións”, critica a popular.

Un novo acordo do Pleno que o alcalde desoe

A popular recorda que o acordo naceu dunha moción presentada polo PP que apoiaron tanto o BNG como Esperta Monforte xa no mes de xuño, pero que o rexedor, como xa vén sendo habitual, decidiu obviar. Deste xeito, impediu que se formalizara o acordo que a CHMS lle propuña ao Concello para reparar de xeito definitivo o firme da estrada.

Unha solución definitiva

A oferta da CHMS ao Concello consistía en acondicionar este tramo do camiño de servizo da canle da marxe dereita, comprendido entre a Estrada de Currelos e a de Chantada, unha solució definitiva coa extensión dunha capa de rodadura a base de aglomerado, sobre a que se regularizarían as tapas de rexistro existentes, procedendo ao perfilado e limpeza das cunetas e o pintado das marcas viais.

Esta solucións representaría un importante investimento no vial por parte de CHMS, e a súa entrega en óptimas condicións ao Concello, que debería mantelo no futuro, o que resolvería a situación dos veciños, pero o rexedor non quixo formalizar ese convenio.

Novas

Redes Sociais