Novas

Sábado, 29 de outubro de 2016

Os populares pretenden con esta iniciativa “destinar os pisos desocupados ás familias que teñan dificultades económicas, creando así unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro social á que se incorporarán os inmobles que acheguen voluntariamente organismos, empresas e particulares”

O Grupo Municipal do PP solicitará no vindeiro Pleno que o Concello de Monforte se adscriba ao Programa Autonómico de Vivendas Baleiras

Julia Rodríguez lamenta que “a pesar das facilidades que representa a adhesión a este programa, non hai constancia de que o Goberno localfixera os trámites necesarios para sumarse”

O Grupo Municipal do PP de Monfortelevará ao vindeiro Pleno da corporación unha moción na que solicitarán que o Concello se adscriba ao Programa Autonómico de Vivendas Baleiras posto en marcha pola Xunta de Galicia. Os populares consideran fundamental que o Concello se adhira a esta iniciativa aprobada en febreiro deste ano no Parlamento de Galicia e que permitiría “crear unha bolsa de pisos que garantirá un teito ás persoas que o precisen como consecuencia de execucións hipotecarias, desafiuzamentos por impagamento, familias numerosas ou vítimas de violencia de xénero”.

O PP defende a importancia deste programa,que ten como finalidade “destinar os pisos desocupados ás familias que teñan dificultades económicas, creando así unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro social á que se incorporarán os inmobles que acheguen voluntariamente organismos, empresas e particulares, que non se atopen habitadas”.

A voceira do PP, Julia Rodríguez,precisaque esta iniciativa “é moi beneficiosa para todos” e salienta que “pretende facilitar o acceso a vivendas baleiras ás persoas que o precisen baixo condicións de seguridade e certas garantías para os beneficiarios e os propietarios das vivendas”.

Desidia do alcalde

Rodríguez critica que “non se entende que a pesar das facilidades que representa a adhesión a este programa, a día dehoxe non haxa constancia de que este Concello teña feito os trámites necesarios para sumarse ao mesmo”. A popular lamenta “a falta de interese e desidia do rexedor monfortino que non é capaz de facer os trámites oportunos para formar parte deste proxecto que beneficiaría aos nosos veciños e veciñas que estean atravesando unha situación económica complicada”.

Por estes motivos a popular solicítalle ao alcalde de Monforte “que se poña a traballar canto antes para que o noso Concello tamén pase a formar parte, ao igual que outros moitos municipios galegos, deste Programa Autonómico de Vivendas Baleiras”, conclúe.

Novas

Redes Sociais