Novas

Monforte,4 de novembrode 2016

Os populares descobren que o Concello non aportou a oferta da empresa nos contenciosos, pese a que no segundo xa aparecera, despois de ter estado extraviada durante varios años

O PP denuncia que o Goberno local “novamente” comete “os mesmos erros” con Aqualia ao non defender os intereses de Monforte

Julia Rodríguez mostra a súa desconformidade coa actitude compracente do rexedor, pese aos numerosos incumprimentos que a empresa concesionaria da auga ten coa cidade

O Grupo Municipal do PP de Monforte denuncia que o Goberno local, igual que fixo o anterior Executivo, comete os mesmos erros con Aqualia ao non defender os intereses de Monforte e dos seus veciños e veciñas. Así, tras a xunta de voceiros celebrada onte no Concello, os populares mostran a súa desconformidade coa actitude compracente do rexedor, pese aos numerosos incumprimentos que a empresa concesionaria da auga ten coa cidade.

Entre a información máis salientable que saíu a relucir na reunión e onte, a voceira do PP, Julia Rodríguez, refírese á confirmación por parte do secretario municipal de que a oferta da empresa non se aportou nos contenciosos interpostos por Aqualia. “No primeiro deles estaba desaparecida, mentres que no segundo non se aportou, un feito inexplicable. Agora temos a oferta pero os Servizos Xurídicos da Deputación non a tiveron para a súa contestación”, resume.

Polo tanto, os populares explican que “no segundo contencioso co que a empresa está a presionar ao Goberno local tampouco se aportou esa oferta pese a que se dispón dela”. A importancia deste feito radica en que deste xeito os servizos xurídicos da Deputación que defenderon o asunto ante a Xustiza non puideron botar man da oferta, coa que poderían demostrarse os incumprimentos nos que ao longo dos anos incorreu a concesionaria Aqualia. Ao non dispor desa oferta tampouco o Concello se puido defender en relación coa denuncia por desequilibrio económico.

O Grupo Municipal do PP ten a sospeita de que o alcalde “quere chegar a un acordo como sexa”, polo que se encargan informes “a medida” a cambio dunha deficiente defensa dos intereses do Concello. Así, Julia Rodríguez sostén que se cometen erros do pasado favorecendo á concesionaria e pon como exemplo a limitaciónás preguntas que se fixeron para obter os informes.

Novas

Redes Sociais