Novas

Monforte,5 de novembrode 2016

Os populares recordan que existe un informe recente da Policía Local que fixa o prezo recomendado para ese solar nos 250,14 euros

O PP de Monforte denuncia un incremento de 350 euros ao mes no gasto do aparcamento de San Antonio

Julia Rodríguez pedirá os informes que supostamente avalan esta suba que case triplica o prezo que se viña pagando ata o de agora

O Grupo Municipal do PP de Monfortedenuncia un incremento de 350 euros ao mes no gasto do aparcamento de San Antonio, situado por detrás da das galerías. Os populares formularon unha pregunta no pasado Pleno ao ser sabedores de que o Concello pasará a pagar 600 euros ao mes polo solar, aínda cando existe un informe recente da Policía Local que fixa o prezo recomendable nos 250,14 euros ao mes.

Así, os populares interesáronse por este cambio no importe, que contravén o informe realizado hai pouco pola Policía Local e que suporá un gasto anual de 7.200 euros, 4.200 euros máis do que se viña pagando ata o de agora.

Tras saber por boca do alcalde no Pleno que a decisión se tomou en base a un novo informe dun consultor externo, o PP solicitará ese documento para coñecer os seus detalles.

Un contrato que case triplica o gasto que se viña asumindo

Desde o PP non entenden que este contrato case triplique o prezo que se viña pagando ata o de agora, polo que solicitarán ese informe externo para poder valorar o incremento, aínda que lamentan que non fora posto en coñecemento dos demais Grupos da Corporación este cambio, visto o incremento que supón.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, non comprende por que se fixo esta petición a unha consultoría externa cando existe un traballo feito pola Policía Local que establece o prezo que debe rexer para todos aqueles solares que o Concello destina a estacionamento.

O Grupo Municipal do PP advírtelle ao rexedor que seguirá vixiante ante os incrementos no pagamento que se fai por estes solares, ao igual que fixo no anterior mandato, conseguindo que se adaptaran aos prezos de mercado.

Novas

Redes Sociais