Novas

Monforte, 3 de decembro de 2016

Os populares consideran “moi necesario” que se teñan en conta, entre outros aspectos, a rúa onde se ubica o solar, a demanda que exista na zona e o número de prazas que ofrece

O PP esíxelle ao Concello de Monforte que estableza uns criterios obxectivos para determinar o prezo dos solares destinados a aparcamentos na cidade

Julia Rodríguez apunta que deste xeito, “e seguindo a proposta feita no seu día polo Grupo Popular”, poderían aumentarse o número de prazas de estacionamento a disposición dos veciños evitando así “entrar nunha guerra de prezos”

O Grupo Municipal do PP de Monforte esíxenlle ao Concello de Monforte que estableza uns criterios obxectivos para determinar o prezo dos solares destinados a aparcamentos. A voceira popular, Julia Rodríguez, apunta que “deste xeito, e seguindo a proposta feita no seu día polo Grupo Popular, poderían aumentarse o número de prazas de estacionamento a disposición dos veciños e veciñas”.

“É de salientar que na nosa cidade os monfortinos e monfortinas podemos dispoñer de prazas de aparcamento de superficie gratuítas, que son postas á nosa disposición por parte do Concello”, salienta Rodríguez. Non obstante, engade a voceira, “existen moitos solares en distintos puntos da nosa cidade que tamén poderían responder a esa utilidade e que agora mesmo non se están aproveitando”, lamenta.

Rodríguez apunta ademais que con esta medida que propoñen “evitaríase tamén entrar nunha guerra de prezos polos estacionamentos, coas consecuencias negativas que isto traería”.

Establecer prezos seguindo criterios obxectivos

Deste xeito, os populares consideran “moi necesario” que se establezan uns criterios obxectivos para determinar os prezos a abonar aos propietarios e que se teñan en conta, entre outros aspectos, “a rúa onde se ubica o solar, a demanda de aparcamento que exista na zona ou o número de prazas que ofrece”.

Dende o PP sinalan que esta é a mellor maneira de establecer uns prezos obxectivos para todos e apuntan que “doutro xeito poderíase entrar nunha guerra de prezos que acabará prexudicando a oferta destas prazas gratuítas, que son un luxo posible na nosa cidade polas importantes bolsas de terreo existentes no centro da mesma”, conclúen os populares.

Novas

Redes Sociais