Novas

Monforte, 27 de decembro de 2016

Os populares lamentan que o equipo de Goberno non aceptara os estímulos fiscais propostos polo PP cando se debateron as ordenanzas fiscais municipais

O Grupo Municipal do PP de Monforte denuncia que a ‘pinza’ que onte fixeron socialistas e nacionalistas non traerá crecemento á cidade

Julia Rodríguez afirma que a mellor mostra do continuismo nos Orzamentos municipais é que o BNG permita a súa aprobación

O Grupo Municipal do PP de Monforte denuncia que a ‘pinza’ que onte fixeron socialistas e nacionalistas non traerá crecemento á cidade. Para os populares a proposta aprobada onte co voto en contra do PP é tan continuista que ata o BNG permitiu a súa aprobación, posto que reproduce o mesmo modelo que os nacionalistas aplicaron nos últimos anos e que non trouxo consigo despegue algún para a cidade do Cabe.

“Non existen partidas para o estímulo económico, polo que son unhas contas que nos levan polo mesmo camiño no que estabamos”, engade.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, explica que son “máis do mesmo”. “O ano pasado era entendible que usara os do BNG, pero este ano esperabamos outra cousa”, lamenta. A popular critica ademais que o Goberno local non aceptara os estímulos fiscais propostos polo PP cando se debateron as ordenanzas fiscais municipais e optara por subir os impostos que van ter que pagar todos os cidadáns.

Necesidade de elaborar unha RPT

O Grupo Municipal do PP explica que a maior dispoñibilidade económica do Concello se consigue a través dunha maior presión fiscal. Tamén advirten dun incremento do gasto corrente, a pesar, por exemplo, de que mingúan os efectivos da Policía Local. Por isto, a popular volveu insistir na necesidade, tal e como aprobou o Pleno, de elaborar unha Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal para pórlle fin á situación irregular na que se atopa o persoal eventual.

Julia Rodríguez tamén puxo o foco nos contratos que mantén o Concello, moitos deles en situación irregular e con empresas de fóra de Monforte, que o PSOE encarece no exercicio de 2017. “Podían prestarse con persoal municipal ou, cando menos, regularizalos”, expuxo.

O PSOE segue a dar tumbos con Aqualia

Os populares censuran que novamente o alcalde perdera a oportunidade de demostrar que ten interese en resolver o conflicto con Aqualia de xeito positivo para os veciños e veciñas. “Onte votou en contra da moción do PP na que pedimos que se aclare qué obras debe asumir a empresa, despois de saber que a Interventora lle advirte que pode o Goberno local pode estar a financiar actuacións que tería que pagar a concesionaria, tal e como fixa o contrato”.

A voceira afirma que os socialistas seguen a dar tumbos e asegura quedará no haber do alcalde non ter tratado de alcanzar un acordo que non fora prexudicial para os monfortinos.

Novas

Redes Sociais