Novas

Xoves, 26 de xaneiro de 2017

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, estivo acompañada polo secretario xeral do partido, Carlos Armesto e pola voceira dos populares monfortinos, Julia Rodríguez

O Partido Popular visita as instalacións de Albores en Monforte para coñecer a súa actividade e pórse á súa disposición

Os populares seguen así coa rolda de entrevistas que están a manter coas entidades sociais da provincia para coñecer as súas necesidades

A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, visitou as instalacións que a Asociación Monfortina de apoio aos enfermos mentais, Albores, ten en Monforte, un percorrido no que estivo acompañada polo secretario xeral do PP, Carlos Armesto, e pola voceira municipal e deputada autonómica, Julia Rodríguez.

Os representantes do PP na provincia de Lugo reuníronse cos responsables da asociación para coñecer de primeira man a importante labor que están desenvolvendo, así como escoitar as súas demandas e necesidades para seguir mellorando o servizo que prestan nos seus dous centros de Monforte e Chantada.

A asociación Albores conta a día de hoxe con 40 prazas concertadas coa Consellería de Sanidade, 25 delas en Monforte e 15 en Chantada. Prestan atención a once concellos do sur de Lugo da área de influencia do Hospital Comarcal. Contan con dous centros de rehabilitación psicosocial, unha vivenda tutelada masculina dotada con catro prazas, con tres delas ocupadas, e servizo de atención domiciliaria, a tres familias de Chantada e 4 de Monforte dando atención a familias e usuarios. En total xeran emprego para 11 traballadores.

Entre as demandas que trasladaron atópase a de dispor dunha vivenda tutelada feminina. Tamén manifestaron a importancia de mellorar a seguridade viaria na contorna do local na Rúa Rolda Emilia, así como unha parada do autobús urbano, peticións que o Grupo Municipal do PP trasladará ao Goberno local.

Necesidade de integrar ao enfermo mental na sociedade

Os populares destacan o traballo que a asociación vén prestando na zona sur e comparten a súa necesidade de integrar ao enfermo mental na sociedade, ao tempo que valoran esta reunión como “moi produtiva”.

O encontro forma parte dunha serie de reunión que os populares están a programar coas diferentes entidades sociais da provincia.

Novas

Redes Sociais