Novas

Monforte, 20 de febreiro de 2017

Os populares solicitan que, en primeiro lugar, se actúe na Rúa Santa Clara, López Cuevillas, Duquesa de Alba, Doutor Goyanes, Zapardiel, Costa da Pena, Rúa da Coruña e Praza da Estación

O Grupo Municipal do PP de Monforte demanda o arranxo de varias rúas en mal estado con cargo aos Orzamentos de 2017

Julia Rodríguez insiste na necesidade de realizar unha planificación das actuacións que evite agravios comparativos entre os veciños e veciñas

O Grupo Municipal Popular de Monforte demándalle ao Goberno local o arranxo de varias rúas que se atopan en mal estado con cargo ás contas municipais deste ano. Os populares explican que nos orzamentos recentemente aprobados para o exercicio 2017 figura unha partida para investimento na reposición de rúas de 434.000 euros, sen definir as actuacións a levar a cabo, a excepción da humanización da Rúa Conde e a Rúa da Estrela.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, indica que o seu Grupo instou no seu momento ao Goberno local a que se fixera un informe sobre o estado das rúas urbanas e vías das parroquias que precisen arranxo para racionalizar a súa mellora e o seu mantemento. “Insistimos na conveniencia de facer esa planificación para evitar agravios comparativos entre veciños e veciñas”, precisa.

Posto que a proposta do Grupo Municipal do PP non foi atendida, e sen prexuízo de que se actúe noutras rúas que se poidan atopar en mal estado, os populares propoñen que se actúe en vías sobre as que xa existen acordos plenarios, como é o caso da Rúa Santa Clara, así como aquelas outras que representan un agravio comparativo entre veciños.

Entre os exemplos está Duquesa de Alba, que quedou sen arranxar no medio de outras; ter deixado pequenos tramos pendentes como acontece en López Cuevillas; ou atoparse manifestamente impracticable, algo que ocorre na Costa da Pena, así como por precisar dunha humanización, como a necesaria na Rúa Zapardiel.

En concreto, o PP pide que se actúe, con cargo aos Presupostos de 2017, nas seguintes rúas:

1.Rúa Santa Clara e o acceso dende esta rúa á pasarela do Malecón. Sobre o arranxo desta rúa e este acceso xa se tomou un acordo plenario e, se ben se actuou nunha parte da rúa, concretamente na prolongación de Santa Clara, que se atopaba en moi mal estado, non se acometeu o arranxo do resto da rúa que se atopa nun estado moi deficiente, e non foi renovada dende que hai mais de 50 anos fora arranxada polos propios veciños. O espazo que une a pasarela do Malecón coa rúa Santa Clara, precisa ser humanizado e acondicionado, toda vez que se trata dun espazo moi frecuentado a carón do río e se atopa nun estado de abandono importante.

2.Rúa López Cuevillas.

3.Rúa Duquesa de Alba. Os seus veciños e responsables dos locais que alí se ubican viron nos últimos anos como se reformaban todas as rúas do entorno, Paseo de Lugo, Carud, Reboredo, e se deixaba unicamente esta rúa, que precisa dunha reforma e humanización urxente.

4.Arranxo dos socavóns existentes na Praza do Doutor Goyanes no tramo de adoquín reservado á circulación de vehículos.

5.Humanización da Rúa Zapardiel.

6.Arranxo da Costa da Pena.

7.Arranxo do firme da Rúa da Coruña e da Praza da Estación.

Novas

Redes Sociais