Novas

Xoves, 20 de febreiro de 2017

Os populares non entenden os motivos que levaron ao alcalde declinar que este evento se disputara na cidade do Cabecoa “importante repercusión económica que tería para a vila”

O PP critica que a III Xuntanza Miguelito de Judo non se celebrara en Monforte, pese a que só implicaba unha colaboración do Concello de 1.497 euros

Julia Rodríguez lamenta que o rexedor “poña escusas” e se xustifique ao ser preguntado no pleno decindo “que un Concello como o de Monforte non pode asumir esta cuantía”

A voceira recorda que o torneo, que se levou a cabo finalmente na localidade de O Barco, “congregou a unhas 150 familiasque se houberan desprazado á nosacidade”

O Grupo Municipal do PPcritica que a III Xuntanza Miguelito de Judo non se celebrara en Monforte, pese a que só implicaba unha colaboración económica do Concello de 1.497 euros. Os populares non entendenos motivos que levaron ao alcalde declinar que este evento se disputara na cidade do Cabe coa “importante repercusión económica que tería para a vila”.

A voceira popular, Julia Rodríguez, lamenta a actitude do rexedor ao ser preguntado por este asunto no pasado pleno da corporación. Rodríguez asegura que é incomprensible que o alcalde “poña escusas e se xustifique decindo que un Concello como o de Monforte non pode asumir esta cuantía”.

A voceira popular apunta que “temos coñecemento de que a Asociación Deportiva Miguelito solicitou colaboración ao Concello de Monforte para celebrar este evento na nosa cidade. Dita colaboración implicaría unicamente poñer a disposición un pavillón, uns tatamis e unhas medallas, polo tanto, unha escasa repercusión económica.E a pesar diso, tal colaboración foi rexeitada por parte do Concello, celebrándose finalmente o evento na localidade de O Barco o pasado 26 de novembro”.

Un evento que congregou a centos de persoas

Rodríguez indica ademais quea Xuntanza, na que participaron nenos e nenas dos colexios de O Barco e Monforte, congregou a un total de 150 judokas de 3 a 16 anos. “A maior parte dos participantes eran de Monforte, o que obrigou a desprazarse a un bo número de familias monfortinasá localidade de O Barco”, puntualiza.

“Polo contrario, de terse celebrado en Monforte, un bo número de familias da localidade ourensáteríanse desprazado á nosa cidade para participar no torneo, coa repercusión que pode conlevar unha xornada de fin de semana que permite ás familias pasar o día e, en definitiva, deixar beneficios económicos aquí, como fixeron as familias monfortinas na localidade valdeorresa”, precisa a voceira.

Novas

Redes Sociais