Novas

Monforte,22 de febreiro de 2017

Os populares desvelan que tiveron coñecemento de que recentemente o Goberno local dirixiu reclamacións aos Institutos de Educación Secundaria da cidade sobre a taxa do lixo correspondente a varias anualidades xa vencidas e o propio alcalde recoñeceu no Pleno que se debeu a un erro administrativo do Concello

O PP de Monforte pídelle ao Concello queestableza algunha medida para paliar os efectos que supón reclamarlleaos IES a taxa de lixocorrespondente ao período 2012-2016

JuliaRodríguez considera quese pode tratar dunha actuación irregular por parte do Goberno local e engade que “pode traer moitos prexuízos para os centros, aos que se lles están reclamando cantidades de máis de 5.000 euros”

O Grupo Municipal do PP de Monfortepídelle ao Concello que estableza algunha medida para paliar os efectos que supón reclamarlles aos IES a taxa de lixo correspondente entre os anos 2012 e 2016. Os populares aseguran, tal e como explicaron no Pleno, que tiveron coñecemento de que no último trimestre do pasado ano se dirixironreclamacións aos IES da cidade sobre a taxa de recollida de lixo correspondente a varias anualidades xa vencidas.O propio alcalde recoñeceu na sesión do 14 de febreiro que se debeu a un erro administrativo do Concello, tal e como hoxe recollen os medios de comunicación.

A voceira popular, Julia Rodríguez, indica que “entendemos que se pode tratar dunha actuación irregular por parte do Goberno local, posto que durante anos esta taxa no se lles reclamou aos centros, existindo un acordo tácito de exención”. Sen embargo, engade, “recentemente dirixíuselles reclamación da taxa desde o ano 2012 ao 2016, o que eleva o importe da reclamación a unha cantidade próxima aos 5.000 euros por centro”.

Por este motivo, dende o PP pregúntanlle ao alcalde se lles vai a facilitar o pagamento destas importantes cantidades aos centros.Rodríguez apunta que se trata dunha cifra moi elevada para os IES e indica que esta decisión do Goberno Local “pode traer graves prexuízos para os centros monfortinos, que xa tiñan esgotado o seu orzamento”.

“O sorprendente é que ata agora a taxa referida se lles cobraba unicamente aos titulares do servizo de cafetería dos institutos, pero no ao centro”, precisa a popular, e engade que, “se non se contempla a súa exenciónnon entendemos o motivo polo que non se lles foi reclamando dita taxa durante as anualidades correspondentes, tendo en conta que as elevadas cantidades xiradas agoralles poden ocasionar importantes prexuízos aos IES da cidade, coas consecuencias que isto pode traer para todos os monfortinos e monfortinas”.

Deste xeito, dende o PP solicitan que se leve a cabo algunha medida por parte do Concello monfortino para“paliar os efectos desta decisión”, sobre todo ao ter recoñecido o rexedor que foi erro do Goberno local.

Novas

Redes Sociais