Novas

Monforte,24 de febreiro de 2017

Os populares presentan un rogo ao próximo Pleno para que o Concello actúe “o antes posible” nestes dous puntos da cidade

O PP de Monforte pide que se mellore a iluminación na Rúa Armando Cotarelo e no Barrio do Casar

Julia Rodríguez demándalle axilidade ao Goberno local para dotar a estes dous espazos de máis luz

O Grupo Municipal do PP de Monfortepresentará un rogo para o vindeiro Pleno no que piden que se adopten as medidas necesarias para mellorar a iluminación da Rúa Armando Coterelo, así como no Barrio do Casar repoñendo as farolas retiradas e reparando as avariadas de maneira que se dote ao lugar dos puntos de luz necesarios. O obxectivos, precisan os populares, é o de iluminar axeitadamente ambos os dous espazos “o antes posible”.

O PP explica no seu rogo que a Rúa Armando Cotarelo se ten visto afectada nos últimos anos por unha serie de circunstancias que teñen repercutido na súa iluminación, reducíndoa dun modo tan importante que afecta á súa seguridade, de forma que entraña un risco evidente para os usuarios.

Así, primeiro eliminouse unha farola colocada nun edificio enfronte do antigo Hotel Comercio e, posteriormente, retirouse tamén a farola que se apoiaba neste inmoble con motivo da súa rehabilitación.

Esta situación provocou que en horario nocturno a rúa quede practicamente a escuras, co risco que isto representa para a xente que transita pola vía. Un estado que é preciso solucionar, máis tendo en conta que se trata dunha das rúas máis antigas e céntricas da cidade, na que se ubica a casa máis estreita do mundo, co reclamo que isto representa, o que a obriga a dotala da axeitada iluminación, como ao resto das vías da cidade.

A mesma situación, engaden os populares, dáse no barrio do Casar, no entorno das inmediacións do antigo Restaurante A Palloza, onde se atopan ata tres farolas con incidencias, ou ben porque non funciona ou porque foron retiradas sen ter sido repostas.

Novas

Redes Sociais