Novas

Monforte,3 de marzo de 2017

Ambos os dous conselleiros visitaron o Convento de Santa Clara e o Colexio de Nosa Señora Antiga de Monforte de Lemos acompañados polos membros do Grupo Municipal do PP encabezado pola voceira e deputada autonómica, Julia Rodríguez

Francisco Conde e Román Rodríguez poñen en valor o patrimonio cultural monfortino

Julia Rodríguez agradece a sensibilidade e a boa disposición dos dous responsables autonómicos no seu percorrido pola cidade do Cabe

O Grupo Municipal do PP de Monforteorganizou a visita á cidade do Cabe dos conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; e do de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez onde se desprazaron ata o Convento de Santa Clara e o Colexio de Nosa Señora Antiga de Monforte de Lemos.

A voceira do Grupo Municipal do PP e deputada autonómica, Julia Rodríguez, agradece a sensibilidade e boa disposición dos dous responsables autonómicos no seu percorrido pola cidade do Cabe, ao tempo que remarca o labor que se vén facendo por parte das Clarisas e tamén dos responsable do Colexio dos Escolapios.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; e o de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, aproveitaron a súa visita á cidade para achegarse ao Convento de Santa Clara e o Colexio de Nosa Señora Antiga de Monforte de Lemos, dous bens emblemáticos do patrimonio cultural monfortino. Ámbolos dous responsables do Goberno galego, así como o Grupo Municipal do PP, interesáronse polo estado dos edificios, así como polas súas necesidades. Así mesmo, aproveitaron para realzar os valores arquitectónicos e artísticos destes dous espazos, que se suman á nutrida lista de bens patrimoniais e culturais senlleiros sitos en Monforte de Lemos e, en xeral, na Ribeira Sacra.

O Colexio de Nosa Señora Antiga é un dos principais expoñentes da arquitectura renacentista en Galicia, calidade que se suma ao valor das obras que alberga a súa pinacoteca, entre as que se atopan cadros de El Greco, Francisco Pacheco e Andrea del Sarto.

Respecto do Mosteiro de Santa Clara, cómpre salientar o seu claustro de sillares labrados, ademais da historia do mesmo. Fundado no ano 1622 por Catarina de la Cerda y Sandoval, esposa do VII Conde de Lemos, o seu mecenado influíu de forma determinante no legado que ambos os dous deixaron ao que hoxe é o Museo de Arte Sacro do convento. A exposición alberga, de feito, a colección máis importante de arte italiano do primeiro terzo do século XVII que hai en Galicia, así como esculturas do obradoiro de Gregorio Fernández, expoñente da Escola Castelá do século XVII, e relevantes pezas de ourivería do Renacemento italiano, entre outras valiosas pezas.

Novas

Redes Sociais