Novas

Luns, 16 de setembro de 2013

O anuncio sae publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, despois de que o proxecto fose exposto ao público durante un mes

O GMPP agradece o compromiso da Xunta con Monforte tras aprobar o estudo informativo da conexión do Porto Seco coa LU-546

Julia Rodríguez sostén que se seguen "dando os pasos adecuados" para que a plataforma loxística sexa unha realidade "canto antes"

A portavoz do PP e deputada autonómica asistirá mañá á presentación do Plan de incentivos para a adquisición de solo empresarial de Galicia pola relevancia que pode conlevar para o porto seco

O Grupo Municipal do PP agradece o compromiso da Xunta coa cidade do Cabe tras coñecer a aprobación do expediente de información pública e, definitivamente, o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental da obra de conexión do Porto Seco coa LU-547, tal e como hoxe recolle o Diario Oficial de Galicia.

A portavoz do PP en Monforte, Julia Rodríguez, sostén que a administración autonómica "segue dando os pasos adecuados" para que a plataforma loxística sexa unha realidade "canto antes". O anuncio realízase despois de que o estudo de impacto ambiental e o estudo informativo foran expostos ao público durante 30 días hábiles na Axencia Galega de Infraestruturas.

A tamén deputada Julia Rodríguez anunciou a semana pasada a presentación dunha proposición non de lei a través da que instar á Xunta de Galicia a que leve a cabo as medidas necesarias para rematar "canto antes" os accesos, así como para activar o desenvolvemento da Plataforma Loxística de Monforte de forma conxunta e coordinada coa implicación de Xestur e do Igape para a súa promoción.

A portavoz do PP e deputada insiste en que a promoción e desenvolvemento desta infraestrutura "necesita unha estratexia dirixida desde organismos especializados, coñecedores dos mercados, do sector da loxística e da mobilidade de mercadorías". Rodríguez considera que a Xunta dispón destes organismos especializados en solo empresarial que realizan o seu traballo de xeito eficaz, tal e como acreditan os preto de cen parques empresariais creados e comercializados directamente polo Instituto Galego de Vivenda e pola empresa pública Xestur.

Solo empresarial en Galicia

A portavoz do Grupo Municipal do PP e deputada autonómica Julia Rodríguez ten previsto asistir mañá en Santiago á presentación do Plan de incentivos para a adquisición de solo empresarial en Galicia pola relevancia que pode conlevar para o Porto Seco de Monforte. O encargado de presentar o Plan será o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Novas

Redes Sociais