Novas

Xoves, 30 de marzo de 2017

Os populares solicitáronlle ao alcalde mediante un rogo na pasada sesión plenaria “que tome as medidas necesarias para arranxalo canto antes”

O PP de Monforte pídelle ao Concello que renove o pavimento do lugar de Palleiros, na parroquia de Marcelle, “que leva más de 30 anos sen acondicionarse”

A voceira popular, Julia Rodríguez,lamenta que un entorno no que viven varias familias “se atope nun estado verdadeiramente lamentable”

O Grupo Municipal do PP de Monforte solicítalle ao Concello a renovación do pavimento do lugar de Palleiros, ubicado na parroquia de Marcelle, ao advertir que “presenta un pésimo estado, tanto que incluso está terrizo nalgúns tramos”. Os populares pedíronlle no último Pleno a través dun rogo ao alcalde da cidade, o socialista Tomé Roca, que tome “as medidas necesarias canto antes para mellorar o entorno”.

A voceira popular, Julia Rodríguez, recordoulle ao rexedor que “o asfaltado do Lugar de Palleiros leva máis de 30 anos sen acondicionarse”. Rodríguez lamentou esta situación e precisou que “na pista que da acceso a ese entorno viven varias familias que teñen que sufrir as consecuencias do mal estado do firme”.

Por este motivo desde o PP consideran necesario que se leve a cabo unha actuación “urxente”, e deste xeito instan ao Goberno local a que acondicione “canto antes” cunha capa de rego ou rego bicapa o pavimento.

Novas

Redes Sociais