Novas

Monforte, 1 de abrilde 2017

O Grupo Municipal Popular quere participar no encontro para evitar que a nefasta xestión do rexedor “xere novos enredos”

O PP insiste en que a súa proposta sobre as parcelas do Reboredo “é a mellor solución” e pídelle ao alcaldeque convide á oposición á reunión que manterá o luns cos empresarios

JuliaRodríguez considera que, posto que o asunto terá que volver ao Pleno, se faga partícipe ao resto dos Grupos do que se lle vaia propor aos afectados

O Grupo Municipal do PPde Monforte insiste en que a súa proposta sobre as parcelas do Reboredo é a mellor solución para os afectados, tal e como defenderon no último Pleno, e pídelle ao rexedor que convide á oposición á reunión que o equipo de Goberno manterá o luns cos empresarios. Desde o PP defenden que a súa proposta é posible e legal, como así confirmaron.

Consideran que o alcalde estivo perdendo o tempo e dificultando as cousas en lugar de atopar solucións viables, que tivo que achegar o PP e que o equipo de Goberno votou en contra. “Quixo aproveitar este problema para botarlle a culpa á oposición sen importarlle que estaba prexudicando aos empresarios, en particular ao que amosou a súa intención de instalarse e tivo a desfachatez de dicirlle que non podía darlle solución, cando non é certo”, explica a voceira do PP.

Julia Rodríguez afirma que “estamos ante un alcalde incompetente e manipulador ao que non lle importa sacrificar aos empresarios para tratar de sacar réditos políticos, polo que pedimos estar nesa reunión para evitar que a súa nefasta xestión xere novos enredos”.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, explica “pese a que o alcalde votou en contra da proposta dos populares no Pleno, é a mellor solución e a única viable que se puxo sobre a mesa, polo que debe deixar de poñer escusas e facilitar a prórroga para o cumprimento das obrigas aos interesados e as posibles transmisión que poidan darse”.

Prorrogar o prazo

O PP defende prorrogar o prazo de cumprimento da totalidade das obrigas contraídas polas empresas adxudicatarias interesadas en manter as parcelas e que non puideron executar a súa actividade por mor da crise, ás mesmas que se recollen no prego de condicións que rexeu as adxudicacións.

Nese sentido, o PP propuxo no Pleno a formalización dun convenio individual con cada unha das empresas interesadas nesa prórroga, polo temo que se acorde con elas e nas mesmas condicións establecidas na adxudicación, coa modificación do prazo, e favorecendo o cambio de titularidade ou destino establecidos na cláusula 20g, previa petición e por causa xustificada.

O Grupo Municipal Popular solicitaba ademais que se iniciaran os expedientes de reversión para aquelas empresas que manifestaran o seu desinterese en cumprir tales obrigas e que, tendo en conta que existe unha empresa interesada en instalarse no polígono, se favorezan os trámites para a súa implantación inmediata.

Novas

Redes Sociais