Novas

Monforte, 20 de abrilde 2017

O populares censuran que a concesión deste tipo de axudas non se guíe por ningún parámetro obxectivo o que implica, lamentan, que entidades que están a obter importantes recoñecementos deportivos estean a percibir contías moi pequenas sendo merecentes dunha maior colaboración por parte da administración local

O Grupo Municipal do PP de Monforte pide que na próxima anualidade o Concello estableza uns criterios obxectivos de reparto das subvencións deportivas

JuliaRodríguez defende que deben fixarse primeiro uns mínimos na concesión destas axudas, de xeito que favorezan a práctica deportiva de tódalas entidades e a partir de aí as contías se incrementen en base a parámetros obxectivos tales como, o número de participantes ou os éxitos acadados

O Grupo Municipal do PPde Monfortepide que nos Orzamentos da próxima anualidade se establezan uns criterios obxectivos para o reparto das subvencións dirixidas a entidades deportivas. Os populares rexistran unha iniciativa con esta petición para o seu debate na próxima sesión plenaria ao considerar que a distribución destas axudas non se está a guiar por parámetros obxectivos establecidos previamente que permitan garantir un reparto razoable, equitativo e xusto.

En concreto, a voceira do Grupo Municipal Popular, Julia Rodríguez, matiza que “é sabido que a aprobación dos Orzamentos do 2017 determinou unha serie de contías para as entidades deportivas que non atenden a criterios obxectivos de ningún tipo”, de tal xeito que, precisa, “os éxitos acadados por determinadas entidades deportivas non teñen a mostra necesaria nas transferencias aprobadas”.

Os populares defenden que as subvencións establecidas a favor das entidades deportivas “deben fixarse con arranxo a unhas contías mínimas que favorezan a práctica deportiva para tódolos clubs”, e a partir de aí, engaden,“a subvención deberíase incrementar en función dunha serie de criterios obxectivos, tales como, entre outros, o número de participantes, o marco das competicións nas que participan os seus membros, os triunfos nacionais ou internacionais logrados ou a organización de eventos con repercusión na cidade.

O Club Neka, un exemplo de discriminación

Así, os populares solicitan que se teñan en conta a súa proposta e evitar tratos discriminatorios ou inxustos. Dende o Grupo Municipal aseguran que un dos casos máis destacados no que a contía concedida polo Concello non é significativa da repercusión deportiva da entidade é a dada co Club Neka. “É habitual velos acadar éxitos en campionatos autonómicos e nacionais, (recentemente acadaron dúas medallas no open de España) e agora tamén internacionais (veñen de estrear o seu medalleiro internacional no open de Bruxelas) e a pesar do seu currículo, teñen orzamentada unha cantidade que en nada se corresponde cos méritos acadados polo citado club”.

“Non estamos ante unha situación exclusiva desta entidade deportiva, senón que se poderían citar moitos outros casos, nos que se dan situacións similares, utilizando este como paradigma polo recente dos éxitos acadados e a escasa contía da subvención percibida”, explica a voceira do PP.

Novas

Redes Sociais