Novas

Domingo, 26 de maio de 2013

A portavoz do PP obtén a confirmación da Ministra de Fomento de que se mantén o tren nocturno que une Galicia con Madrid, ao que se incorporan os servizos dun híbrido diurno

-Julia Rodríguez mantén un encontro con Ana Pastor no que lle reitera a súa preocupación pola continuidade do taller de Renfe en Monforte

 
-A popular falou durante varios minutos coa Ministra no Congreso Local do partido en Santiago
A portavoz do PP, Julia Rodríguez, mantivo esta mañá un encontro coa ministra de Fomento, Ana Pastor, á que lle amosou a súa preocupación e o interese porque o taller de Renfe siga prestando os seus servizos na cidade do Cabe. Ambas as dirixentes tiveron a oportunidade de falar durante varios minutos no transcurso do Congreso Local que o PP celebra hoxe en Santiago, encontro no que tamén estivo presente o presidente provincial del PP, José Manuel Barreiro.
-A ministra desmentiu ademais que o tren nocturno a Madrid vaia deixar de funcionar o dous de xuño, tal e como se ten publicado recentemente. A titular de Fomento confirmou que se manterá o tren nocturno que une Galicia coa capital de España e ademais se porá en funcionamento o novo tren híbrido diurno que permitirá acurtar o tempo de viaxe ata Madrid. "Puiden saber pola ministra de Fomento que ambos os trens van funcionar de maneira simultánea", precisa a popular.

 

 

.

Novas

Redes Sociais