Novas

Martes, 25 de abril de 2017

Os populares lamentan que o resto dos Grupos non apoiaran a substitución do tipo impositivo do 0’605% do IBI de urbana polo 0’50%

Monforte contará, grazas a unha iniciativa do PP, con bonificacións na ordenanza reguladora do IBI

Julia Rodríguez recordou no Pleno que o IBI subiu na cidade por ter que aprobar un plan de axuste, pero unha vez que deixou de estar en vigor se pode rebaixar o tipo

Monforte contará, grazas á iniciativa presentada polo PP no Pleno de onte, con bonificaciónsna ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI). A iniciativa foi aprobada cos votos a favor do PP, o BNG e Esperta Monforte e o voto en contra do Goberno local. Os populares lamentan que, pese aceptar a votación por puntos, que o resto dos Grupos non apoiaran a substitución do tipo impositivo do 0’605% do IBI de urbana polo 0’50%. Así, BNG e Esperta Monforte abstivéronse, mentres que o PSOE votou en contra.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, explicou no Pleno que o IBI subiu na cidade por ter que aprobar un plan de axuste, pero que unha vez que deixou de estar en vigor se pode rebaixar o tipo. A popular critica que o Goberno local se beneficie de ter máis recursos e os empreguen para dilapidar 6.000 euros nunha fonte na Compañía, polo que lle esixen que racionalice o gasto. “Gasten os recursos son sentidiño e non sigan recadando para pagar aquilo que non é prioritario”, precisou a voceira.

O acordo

En concreto, a proposta do PP, o Goberno local terá que aplicar as seguintes bonificacións potestativas, reguladas no art. 74 da LRHL e mais concretamente:

-bonificación ao amparo do art. 74.1 LRHL do 60% da cota íntegra do imposto a favor dos bens inmobles urbanos ubicados en parroquias; particularmente, núcleos rurais singularizados pola preeminencia de actividades primarias de carácter agrícola, gandeiro ou forestal, atendendo á disposición dun nivel de servizos de competencia municipal inferior ao das zonas consolidadas do Concello, e que será do 85% para os inmobles vinculados a explotacións agrarias, gandeiras ou forestais.

-bonificación do 85 % da cota íntegra do imposto naqueles inmobles que sexan obxecto dunha actividade construtiva de rehabilitación e mellora que sexa declarada de especial interese ou utilidade municipal, pola súa ubicación no conxunto histórico artístico ou no trazado do Camiño de Inverno, ou por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, ao amparo do art. 74.2 quáter.

Novembro, a data tope para a regularización

Desde o PP recordaron que o proceso de regularización catastral que se está acometendo dende o ano 2013 debe levarse a cabo antes do fin de novembro naqueles concellos nos que aínda non se teña efectuado. Entre eses concellos atópase o de Monforte, no que hai tempo que se iniciou un proceso de revisión a instancia do propio Concello, por medio das inspeccións levadas a cabo pola empresa encargada da recadación executiva.

Son moitos os veciñosaos que nestes anos se lle ten notificado un novo valor catastral dos seus inmobles a resultas de ampliacións, modificacións ou renovacións efectuadas. A voceira do PP, Julia Rodríguez, recorda que ao longo destes anos, este Grupo Municipal, ten proposto en reiteradas ocasións a redución do tipo impositivo do IBI, precisamente para compensar eses incrementos no valor catastral que se estaban producindo. A máis recente na última revisión de ordenanzas municipais vía emenda, que foi rexeitada.

Novas

Redes Sociais