Novas

Mércores, 26 de abril de 2017

Os populares desvelan que esperar á seguinte sesión plenaria suporía esgotar os prazos, o que traería consigo consecuencias de gran entidade

O PP de Monforte pide ao alcalde que aclare cando someterá a aprobación o plan económico e financeiro derivado do incumprimento da regra de gasto en máis dun millón de euros

Julia Rodríguez sostén que estas prácticas responden ás reiteradas estratexias do alcalde de “facer que fai e non resolver nada” esperando ata o límite de prazo para logo responsabilizar á oposición das súas despropósitos

O Grupo Municipal do PP de Monforte pide ao alcalde, o socialista José Tomé, que aclare cando someterá a aprobación o plan económico financeiro derivado do incumprimento da regra de gasto, considerando que vai esgotar os prazos e que de non aprobarse as consecuencias establecidas normativamente son de gran entidade.

Os populares recordan que no Pleno ordinario do pasado 27 de marzo de formulouse unha proposta de aprobación dun plan económico financeiro, por canto o equipo de goberno e o alcalde coas súas decisións incumprían a regra de gasto en máis de 1.000.000 de euros colocando ao Concello de Monforte en situación de desequilibrio. Julia Rodríguez subliña que o rexedor gastou un millón de euros máis dos que podía gastar, o que obrigará a facer axustes no Orzamento de 2017 por máis de 800.000 euros para recuperar o equilibrio. “Terá ademais que plantexalo con tempo para saber si contará co apoio dos Grupos e que poidamos estudar as medidas que propón e ver as posibilidades que existen”, resume.

O PSOE non presentou ningunha medida

O alcalde decidiu levar ao pasado Pleno para aprobación unha proposta de plan económico financeiro, cando en realidade ao que viña obrigado era a presentalo nese prazo e non a sometelo a aprobación. Rexeitada esta iniciativa por non ser un plan, posto que non contiña medida algunha, no Pleno desta semana non se incluíu ningunha proposta de aprobación.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, considera a decisión “rechamante”, porque o alcalde ten un prazo só dous meses desde a presentación ao Pleno para aprobar o plan, isto é, ata o día 27 de maio. Considerando que o próximo pleno será o 29 de maio, necesariamente haberá de convocar un pleno extraordinario, ou non aprobará o plan en prazo.

Ademais, para a súa posta en marcha ten de prazo ata o 28 de maio de 2017. A popular sostén que estas prácticas responden ás reiteradas estratexias do alcalde de “facer que fai e non resolver nada” esperando ata o límite de prazo para logo responsabilizar á oposición das súas despropósitos.

Consecuencias do incumprimento da regra de gasto

Os populares explican que o incumprimento da regra de gasto traería consigo importantes consecuencias como retención de créditos, constitución de depósito, ata -no caso de desatender o requerimento de cumprimento das medidas coercitivas que se establecen-, impóñense medidas de cumprimento forzoso, de maneira que si tampouco cumprise con estas establécese ata, que a persistencia no incumprimento poderá considerarse como xestión gravemente danosa para os intereses xerais, poderá procederse á disolución dos órganos da Corporación Localincumpridora, de conformidade co previsto no artigo 61 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

Conscientes de que non se chegará a este extremo, desde o PP urxen ao equipo de Goberno a aclarar cando someterá esta cuestión a Pleno.

Novas

Redes Sociais