Novas

Mércores, 3 de maio de 2017

Os populares lamentan as declaracións do alcalde nas que trata de disfrazar este novo erro na súa xestión como “unha fatal coincidencia”

O PP pídelle ao alcalde que lle esixa a Aqualia que cumpra co seu contrato para evitar os rebentóns que estes días afectan a varias rúas da cidade

Julia Rodríguez recorda que o PP xa ten presentado diferentes iniciativas para poder poñerlle solución a esta problemática, sen que foran tidas en conta polo equipo de Goberno

O Grupo Municipal do PP de Monforte pídelle ao alcalde que aproveite a súa reunión de mañá coa empresa Aqualia para esixirlle que cumpra o seu contrato e poder evitar así os rebentóns que estes días están a afectar a varias rúas da cidade, entre elas Rúa Escultor Francisco Moure ou á Rúa Sarria.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, sostén que existen máis problemas na traída, como os que se rexistran estes días en Ribasaltas onde non chega a presión, amais dos rebentóns noutras rúas da cidade, o que causa un gran malestar entre os veciños e veciñas.Os populares lamentan as declaracións do alcalde nas que trata de disfrazar este novo erro na súa xestión como “unha fatal coincidencia”.

Os populares pídenlle ao rexedor que, ademais de aclarar o que está a acontecer ante as numerosas incidencias que están a sucederse, que abra os expedientes correspondentes á concesionaria ante os incumprimentos nos que se a incorrer en relación coa renovación da rede.

Para a voceira do PP, esta situación evidencia, unha vez máis, que o Concello non lle esixe á concesionaria Aqualia que cumpra coas súas obrigas, como así pasou hai uns meses tamén co plan de actuación e o correcto funcionamento da potabilizadora. “Seguen instalados na mesma actitude pasiva despois de propor un acordo que era beneficioso para a empresa e permitindo que non fagan as obras ás que están obrigados”, sinala.

Desde o Grupo Municipal do PP recordan que xa teñen presentado varias iniciativas no Pleno para que o Concello lle dea cumprimento ao acordo tomado a instancia do Partido Popular no pleno do 25 de abril de 2016 a fin de determinar as obras de renovación da rede ou instalacións de abastecemento e saneamento que nos últimos anos foran indebidamente asumidas polo Concello, así como aquelas que sendo asumidas por Aqualia poidan ser consideradas de reposición ou renovación e non de investimento. Os populares demandan ademais que se inicien os expedientes procedentes da repercusión á concesionaria e os expedientes sancionadores polos seus incumprimentos.

O PP presentou esta iniciativa, posto que se trata de actuacións que poden ser consecuencia do incumprimento das obrigas de mantemento e conservación mínimas que precisaría a rede ao longo destes anos, e, por tanto, tratarse de obras de renovación ou substitución de conducións e instalacións, que podería corresponder asumir a Aqualia.

Recordan a existencia dun informe da técnica de servizos sobre as obrigas da concesionaria no que se sinala que “as obras e instalacións que reciba o concesionario deben adecuarse en cada momento ás esixencias que implique a correcta prestación e xestión do servizo, correndo a expensas do concesionario cantos gastos se deriven de dita adecuación”. Tamén recolle que “as obras de mantemento e conservación de conducións e instalacións, así como as de renovación y/o substitución de conducións e instalacións deterioradas ou avariadas serán da conta do concesionario”.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, explica que “non é a primeira vez que o Concello asume o custe de obras, que con arranxo ao exposto, estarían dentro do marco das obrigas da concesionaria, sen que se lle teña formulado reclamación algunha.

Acordos incumpridos

O Grupo Municipal do PP elevou ao pleno da Corporación una moción aprobada por unanimidade en abril de 2016 para que se elaborase un informe a fin de determinar as obras de renovación da rede ou instalacións de abastecemento e saneamento que foran indebidamente asumidas polo Concello nos últimos anos por traer causa das continuas roturas que imposibilitaban a correcta prestación do servizo. Da mesma forma, pedíase que se analizaran as obras que aínda sendo financiadas por Aqualia puideran ser consideradas de reposición ou renovación e non de investimento. Tamén se acordaba que unha vez determinadas esas obras se iniciasen os expedientes procedentes a fin de repercutirlle á concesionaria os custes procedentes.

A voceira do PP lamenta que máis dun ano despois despois “non se teña feito nada e mesmo, en contra do acordado, se teña proposto por parte do equipo de goberno un acordo coa concesionaria que incluía compensar como inversión, obras que eran de renovación.

Novas

Redes Sociais