Novas

Xoves,6 de xullo de 2017

Os populares preguntarán na vindeira sesión plenaria polo estado da Isla del Sierra, en Vilanova, onde o Goberno local anunciou unha actuación “da que nada se sabe”

O PP denuncia a “parálise total” na que o Goberno local mantén o acondicionamento da praia fluvial na área recreativa de Ribasaltas

JuliaRodriguez critica que,ademais de non ter feito ningunha actuación, o alcalde manteña a zona nunhas condicións de absoluto abandono

O Grupo Municipal do PP de Monforte interesarase no seguinte Pleno que celebre a Corporación pola “parálise total” na que o Goberno local mantén o acondicionamento da praia fluvial na área recreativa de Ribasaltas. O PP preguntará polas razóns polas que, a pesar do tempo transcorrido desde que se solicitou en xullo de 2015, e de novo en xullo de 2016, non se levaran a cabo as xestións oportunas por parte do Goberno local que permitan poñer en funcionamento unha zona de baño pública e gratuíta na área recreativa de Ribasaltas.

Os populares recordan que cada ano, de forma reiterada, se vén solicitando antes do inicio da época estival información sobre as xestións realizadas para a creación dunha praia fluvial na área recreativa de Ribasaltas, o que ten motivado numerosas iniciativas plenarias do PP co fin e que o Goberno local actuara.

A voceira do PP lamenta que todos estes intentos teñan resultado “infrutuosos” a pesar das reiteradas mocións e peticións que se teñen realizado,tal e como demostra o feito de que o equipo de Goberno “siga sen facer absolutamente nada” para dotar á cidade dunha praia fluvial.

“O Goberno municipal non só carece de vontade para acondicionar o espazo recreativo, posto que non apoiou as propostas nin fixo xestión algunha, senón que incluso ten completamente abandonado o mantemento da área recreativa de Ribasaltas, como veñen denunciando os veciños e usuarios”, critica a popular.

A actuación veciñal suple á do Goberno

A voceira do PP, Julia Rodríguez, pídelle ademais ao alcalde que dea as explicacións oportunas que permitan coñecer por qué, pese a ter pasado tanto tempo, non se ten feito nada para limpar e acondicionar minimamente o espazo da Isla del Sierra deixando que sexa a iniciativa veciñal a que estea a suplir a actuación municipal.

Desde o PP precisan que o alcalde anunciou o pasado mes de setembro que se limparía de maleza, se podarían as árbores e se dotaría á zona de mobiliario urbano. “O que obtivemos por parte do alcalde é silencio e falta de traballo, mentres que tiveron que ser os veciños os que, de maneira voluntaria, actuaran sobre o illote acondicionando a contorna e paliando así a desidia municipal”, resume Julia Rodríguez.

Novas

Redes Sociais